Delphinus ou Golfiño, é unha pequena constelación do hemisferio norte moi preto do ecuador celestial. Xa fóra inserida na lista de Tolomeo de 48 constelacións e tamén forma parte da lista moderna de 88 constelacións aprobadas pola UAI.
Delphinus ten o aspecto dun golfiño ó saltar e pode ser recoñecida de xeito dóado no firmamento. Atópase rodeada por Vulpecula (a raposa), Sagitta (a frecha), (Aquila) a aguia , a constelación zodiacal de Acuario, o pequeno cabalo Equuleus e finalmente por Pegaso, o cabalo alado. Outro xeito de recoñecela é por ter unha forma semellante a dunha cometa é polo seu pequeno tamaño.
Estrelas principais α Delphini (Sualocin), de magnitude 3,8, ten sete compoñentes, aínda que só dúas delas forman un sistema estelar. β Delphini (Rotanev), a máis brillante da constelación (magnitude 3,6), é igualmente unha estrela múltiple de cinco compoñentes, aínda que só dúas delas están fisicamente elacionadas. γ Delphini, unha das estrelas binarias máis estudadas composta por unha subxigante laranxa e unha anana amarela. δ Delphini, estrela variable de magnitude 4,43. Xunto coas tres anteriores forma o asterismo chamado o Féretro de Job. ε Delphini (Deneb Dulfim), estrela azul de magnitude 3,95, a terceira máis brillante da constelación. ζ Delphini, estrela branca da secuencia principal de magnitude 4,68. ρ Aquilae, a pesar da súa denominación pertence á constelación de Delphinus, á que entrou dende Aquila no 1992. A súa magnitude é 4,94. R Delphini, variable tipo Mira de brillo variable entre magnitude 8,3 e 13,3 cun período de 285 días. U Delphini, xigante vermella e variable semirregular cun período principal duns 1.200 días. EU Delphini, tamén xigante vermella e variable semirregular cun período de 59,7 días. HD 195019, estrela binaria cun exoplaneta do tipo "Xúpiter quente". HD 196885 (HR 7907), estrela subxigante amarela cun planeta extrasolar.
Obxectos notables de espazo profundo Nebulosas planetarias NGC 6891 e NGC 6905. NGC 7006, cúmulo globular de magnitude 12, situado a case a 160.000 anos luz. NGC 6934, tamén un cúmulo globular de magnitude 9,75.
Mitoloxía Segundo a lenda, Anfítrite, unha das Nereidas, accedeu a casar con Poseidón, do que tiña tentado escapar e agocharse, pero foi atopada por un golfiño. Poseidón quedou tan agradecido ó golfiño que o puxo entre as estrelas.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas The Deep Photographic Guide to the Constellations: Delphinus Star Tales – Delphinus
Categoría:Constelacións