Donington Park é un autódromo situado cerca do Castelo de Donington, no noroeste de Leicestershire, Inglaterra.

O trazado é propiedade de Tom Wheatcroft, un entusiasta automobilista millonario. Ocasionalmente, úsase para concertos e outros eventos non relacionados co deporte motor.

Durante varias tempadas acolleu á Fórmula 1. Unha das carreiras máis recordadas foi a do Gran Premio de Europa de 1993 gañada por Ayrton Senna. Dispón dunha tenda que trata sobre deportes de motor, gardando a memoria de Senna.

Na actualidade dispútanse neste circuíto o Campionato Británico de Turismos, a Fórmula 3 Británica, Campionato Británico de Resistencia, o campionato mundial de superbikes e o mundial de MotoGP. O circuíto tamén alberga un museo, onde se pode apreciar a "colección do Grand Prix de Donington", o cal foi aberto en 1973 e contén a maior colección de coches de Grand Prix do mundo.

Ten unha gran revelancia, e é que favorece a realización de concertos e festivais de rock nas súas instalacións, albergando eventos como Monsters of Rock a finais dos 1980 e principios dos 1990, cando grupos como AC/DC, Aerosmith, Metallica, Guns N' Roses e Iron Maiden tocaron alí.

No ano 2001 foi a sede da presentación da agrupación Stereophonics (A Day at the Races), Ozzfest en 2002 e Download Festival en 2003.

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Donington Park AnoPilotoAutoDuraciónLonxitudeVoltasVelocidade mediaDataGP de 1993 Ayrton SennaMcLaren-Ford 1:50:47,4 h 4´023 km 76 165´603 km/h 11 . Abril 25px| Europa

Categoría:Circuítos de Fórmula 1 Categoría:Circuítos do DTM Categoría:Circuítos de carreiras do Reino Unido