O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) é o organismo da Xunta de Galicia que está a cargo da asistencia sanitaria pública.
Foi creado pola Lei 1/1989, ó transferirse as competencias en materia sanitaria por parte do Insalud.
Integra tódolos centros e servizos sanitarios da administración galega. É un organismo autónomo de carácter administrativo dependente da Consellería de Sanidade da Xunta.
Estrutura actual
Estrutura dos servizos centrais Órganos centrais de direcciónÓrganos de dirección. Que se dividen en órganos unipersoais e órganos colexiados: Órganos unipersoais Presidencia: que exerce a persoa titular da conselleira de Sanidade. Xerencia. Tres Direccións xerais: Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria: responsable da organización da asistencia sanitaria, da investigación e da coordinación co Ministerio e co resto dos servizos de saúde. Tamén é responsable do control dos convenios con entidades privadas. Dirección Xeral de Recursos Económicos: responsable da elaboración e control dos orzamentos do Sergas, contabilidade e contratos que firman directamente os servizos centrais. Dirección Xeral de Recursos Humanos: responsable do persoal do Sergas. Órganos colexiados Os órganos colexiados de dirección son o consello de dirección e o comité executivo:
O Consello de Dirección é o órgano de administración do SERGAS e está integrado polos seguintes membros: A persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, que exercerá a presidencia. A persoa titular da Xerencia do Servizo Galego de Saúde, que exercerá a vicepresidencia e a coordinación do Consello. A persoa titular da Vicexerencia do Servizo Galego de Saúde. As persoas titulares das direccións xerais do Servizo Galego de Saúde. As persoas titulares das xerencias das estruturas de xestión integrada.
O Comité Executivo do SERGAS está integrado polos seguintes membros: A persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, que exercerá a presidencia. A persoa titular da Xerencia do Servizo Galego de Saúde, que exercerá a vicepresidencia e a coordinación do Comité. A persoa titular da Vicexerencia do Servizo Galego de Saúde. As persoas titulares das direccións xerais do Servizo Galego de Saúde.
Organización territorial do SERGAS A distribución territorial do Sergas confórmase con 7 áreas sanitarias, que se dividen salvo no caso das áreas de Vigo e Ferrol en distritos:
Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza Abrangue, aproximadamente, as comarcas de Santiago, Barbanza, Ordes, Noia, Arzúa, Sar, Muros, Melide, Barcala e Deza e conta cos seguintes recursos: Centros de Atención Especializada miniatura|Hospital Psiquiátrico de Conxo. miniatura|Hospital Médico Cirúrxico de Conxo. miniatura|Hospital do Barbanza. Hospital Clínico Universitario de Santiago Hospital Gil Casares Hospital Psiquiátrico de Conxo Hospital Médico Cirúrxico de Conxo Centro de Especialidades Ambulatorio Concepción Areal No distrito de Barbanza: Hospital de Barbanza Centros de Atención Primaria Constituído por: 75 centros de Atención Primaria. 18 puntos de atención continuada (PAC) Área Sanitaria da Coruña A área sanitaria da Coruña abrangue as comarcas de Fisterra, Terra de Soneira, Bergantiños, A Coruña e BetanzosMapa da área sanitaria. miniatura|Hospital A Coruña.(Antigo Juan Canalejo). Atención especializada Conta cos seguintes centros.Centros da Área Sanitaria da Coruña
Hospitais: Hospital Universitario da Coruña Hospital Marítimo de Oza Hospital Abente y Lago Hospital Teresa Herrera No distrito de Cee: Hospital Nosa Señora da Xunqueira de Cee Centros de especialidades: Centro de Especialidades do Ventorrillo Centro de Especialidades de Carballo Centro de Especialidades de Betanzos
Atención primaria 71 centros de saúde. 13 Puntos de Atención Continuada.
Área Sanitaria de Ferrol miniatura|Hospital Arquitecto Marcide. Abrangue as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Centros de atención especializada Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) Hospital Arquitecto Marcide Hospital Profesor Novoa Santos Hospital Naval Atención primaria 28 centros de saúde.
Área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de LemosPáxina web Esta área sanitaria abrangue a totalidade da provincia de Lugo. miniatura|Hospital Lucus Augusti. Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) Hospital Xeral de Lugo (centro de día) Hospital de Calde (psiquiátrico) Hospital Provincial San José Centro de Especialidades Praza do Ferrol
No distrito de Monforte: Hospital Comarcal de Monforte
No distrito de Burela: Hospital da Costa en Burela
Área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras Esta área abrangue a totalidade da provincia de Ourense.
Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) Hospital Nosa Señora do Cristal Hospital Santa María Nai Hospital Santo Cristo de Piñor Hospital Materno-Infantil Infanta Elena. Hospital Psiquiátrico Dr. Cabaleiro Goás Centro de Especialidades Rúa do Concello
No distrito de Valdeorras: Hospital Comarcal de Valdeorras
No distrito de Verín: Hospital de Verín
Área sanitaria de Pontevedra e o Salnés Abrangue as comarcas de Pontevedra, Salnés, Caldas e os concellos de Forcarei, Marín e BueuMapa da Área Sanitaria. miniatura|Hospital Montecelo (Pontevedra). Atención especializada Hospitais: Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP) Hospital Provincial de Pontevedra. Hospital Universitario Montecelo. En Vilagarcía de Arousa: Hospital Público do Salnés. Centros de especialidades: Centro de Especialidades Mollavao (Pontevedra). Atención primaria 40 centros de saúde. 11 Puntos de atención continuada.
Área sanitaria de Vigo miniatura|300px|Hospital Álvaro Cunqueiro. Esta áreaPáxina web abrangue o sur da provincia de Pontevedra, todo o que non está incluído na A.S. de Pontevedra-Salnés. Atención especializada Hospitais:
Hospital do Meixoeiro Hospital Nicolás Peña (antigo Hospital Municipal) Hospital Álvaro Cunqueiro miniatura|POVISA. Como caso único na estrutura do SERGAS, dispón tamén de convenio cun hospital privadoEl Sergas y Povisa firman su nuevo contrato por dos años, que entra en vigor el sábado: Hospital POVISA (Vigo).
Un dispositivo que combina centro de saúde, PAC e centro de especializades: Centro integral de saúde Taboada Leal Atención primariaMapa sanitario da A.S. Vigo 53 centros de saúde. 10 Puntos de Atención Continuada.
Outros servizos Organismos adscritos Organizacións públicas adscritas: Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde. Galaria, Instituto Galego de Medicina Técnica (antigo Medtec). Fundación Galega de Medicina Xenómica. Fundación Pública Instituto Galego de Oftalmoloxía. Centro de Transfusión de Galicia. 061: Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia.
Outros Outros hospitais privados con acordos puntuais co Sergas son: Centro Médico El Carmen (Ourense). Centro Oncolóxico de Galicia (A Coruña). Instituto Médico-Cirúrgico San Rafael (A Coruña). Hospital Cosaga (Ourense). Hospital HM La Esperanza (Santiago de Compostela). Hospital HM La Rosaleda (Santiago de Compostela). Hospital HM Modelo (A Coruña) Hospital Quirón Miguel Domínguez (Pontevedra). Hospital Vithas Vigo. Hospital QuirónSalud (Pontevedra). Hospital QuirónSalud (A Coruña). Hospital Xeneral Juan Cardona (Ferrol). Policlínico de Lugo (Lugo). Sanatorio Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial do Servizo Galego de Saúde Páxina web do Complexo Hospitalario da Coruña POVISA