Elias Viljanen, tamén coñecido como Elias "E.Vil" Viljanen, nado o 8 de xullo de 1975, é un guitarrista finés coñecido por tocar na banda de power metal Sonata Arctica dende o ano 2007. Uniuse ao grupo inicialmente como substituto de Jani Liimatainen, pero posteriormente foi adoptado definitivamente como novo guitarrista da banda. Comezou a tocar a guitarra aos 8 anos, e pasou por distintos proxectos como Elias Viljanen & Evil Spirit, Mess e Arched.

Viljanen, Elias Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Finlandia