Manuel Álvarez Silva, coñecido por Silva, nado en Ourense en 1905 e finado en Barbadás o 18 de novembro de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Natural de Ourense, era militante do Partido Comunista de España nesa cidade e ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 botouse ao monte formando un grupo guerrilleiro que actuaba na zona entre Ourense e Ribadavia e que tiña tamén a misión de enlazar coa dirección comunista localizada en Vigo. Unha vez rematada a guerra encadrouse na II Agrupación da Federación de Guerrillas de León-Galicia e participou en boa parte das accións contra falanxistas na provincia de Ourense. O 16 de agosto de 1946 o seu grupo abateu o garda civil Leonardo González Cabra nun enfrontamento. Morreu o 18 de novembro de 1946Máiz, Bernardo; op.cit. páx.166 en Bentraces (Barbadás), na estrada Ourense-Celanova, xunto con outro guerrilleiro de nacionalidade portuguesa, no decurso dunha emboscada da Garda Civil; un terceiro guerrilleiro, ferido, logrou fuxir.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1946 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes