Ramiro de Maeztu y Whitney, nado en Vitoria o 4 de maio de 1875 e asasinado en Madrid o 29 de outubro de 1936, foi un destacado escritor español pertencente á xeración do 98.

Biografía Fillo de nai inglesa e pai español, pasou a súa xuventude entre París e A Habana iniciándose no xornalismo. Trasladouse a Madrid en 1897, iniciando unha importante colaboración con diversos xornais e revistas, como Germinal, El País, Vida Nueva, La España Moderna ou El Socialista, iniciando tamén amizade con varios intelectuais como Azorín ou Pío Baroja. Xunto a eles formou o chamado grupo dos tres, sendo autor destacado da xeración do 98.

Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Asasinados polo bando republicano Categoría:Xeración do 98 Categoría:Nados en Vitoria Categoría:Nados en 1875 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Políticos de Renovación Española Categoría:Nacionalistas españois Categoría:Españois de ascendencia inglesa Categoría:Premio Luca de Tena Categoría:Académicos de número da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Membros da Asemblea Nacional Consultiva Categoría:Embaixadores de España na Arxentina