Os escalvianos (alemán: Schalauer; lituano: Skalviai), tamén coñecidos coma escalovianos, eran unha tribo báltica relacionados cos prusianos. De acordo co Chronicon terrae Prussiae de Peter von Dusburg, os hoxe extintos escalovianos habitaban a terra de Escalovia ao sur dos curonianos, pola ribeira baixa do río Neman sobre o 1240.
De acordo coas crónicas de Prusia, o nome da tribo deriva dos irmáns prusianos chamados schalauo. O centro de Escalovia suponse que tiña que ser Ragnit (Raganite).
Segundo as escavacións arqueolóxicas, crese que os escalovianos estiveron relacionados con outros pobos bálticos coma os curonianos e moito máis distantes dos bálticos orientais coma os letóns e lituanos.miniatura|Os escalvianos no contexto das outras tribos bálticas, polo 1200. Os bálticos orientais amósanse nunha tonalidade marrón mentres que os bálticos occidentais amósanse en tonalidade verde. As fronteiras son aproximadas, orientativas.|centro
Categoría:Pobos bálticos