A Calle é un lugar da parroquia de Goián, no concello pontevedrés de Tomiño, na comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE, en 2022 tiña 94 habitantes (49 homes e 45 mulleres). Pertencía á extinguida parroquia de Santiago de Tollo, fusionada en 1760.
Comenza na actual praza da Igrexa ou Pintor Antonio Fernández ata o cruceiro da Calle, no cruzamento do camiño a Fontela. Ten unha lonxitude duns oitocentos metros e un ancho medio de douscentos. Na súa metade atópase a Praza do Correo. Nesta praza, ademais de ser parada das delixencias de Tui á Guarda, encóntrase unha edificación en pedra chamada a casa do "Ti Piepe". Hoxe en día a casa das do correo é tamén a taberna propiedade da parroquia de Santiago de Tollo, poxada tódolos anos ó mellor ofertante, chegando a pagaren polo seu alugamento 200 reais de billón. Este diñeiro era para axudar a pagar os impostos de sisa, segundo se menciona no catastro de Ensenada.
Lugares e parroquias Lugares de Goián
Parroquias de Tomiño
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Tomiño
Categoría:Lugares de Tomiño