17 Hippies é un grupo de música instrumental de Berlín (Alemaña), fundado no ano 1995. A súa música, que procede dunha confluencia entre varios tipos de folclore, é tocada con grande estilo e enerxía. As súas influencias son de temas belgas, polacos, gregos, serbios e alemáns.
Membros *Antje HenkelClarinete, saxofón*Daniel CordesContrabaixo*Christopher BlenkinsopUkelele, buzuki, voz*Daniel FriedrichsViolín*Dirk TrageserVoz, guitarra*Elmar GutmannTrompeta*Henry NotroffClarinete*Kerstin KaernbachViolín*Kiki SauerAcordeón, armonio, voz*Lutz 'Lüül' UlbrichBanjo, guitarra*Rike LauViolonchelo*Uwe LangerTrombón*Volker 'Kruisko' RettmannAcordeón
Historia Fundada no 1995 en Berlín por Christopher Blenkinsop, tocaron máis dun centenar de concertos, principalmente en Alemaña e Francia, con frecuentes espectáculos en Suíza, Hungría, Bélxica, os Países Baixos, a República Checa, Austria, España, Rusia e o Xapón. As súas actuacións en vivo nos Estados Unidos limitáronse a uns poucos concertos en Austin, e na Gran Bretaña a unha soa en Londres, no 2005.
Na Gran Bretaña posibelmente son máis coñecidos pola banda sonora da película alemá Halbe Treppe, que no 2002 saíu co nome inglés de Grill Point.
A orixe do seu nome é descoñecido incluso para eles mesmos: Ninguén sabe exactamente por que 17 ou por que hippies. Pero ter un nome é bo, como un indicador na estrada anuncia unha vila.
Ao primeiro adicáronse a tocar melodías que reinterpretaban á súa maneira. Foron momentos de crecemento con concertos en Alemaña (onde chegaron a tocar 18 concertos en 24 horas), Estados Unidos, Francia (onde a discográfica Buda Musique interesouse por eles) etc.
No 2000 a formación tivo problemas internos pola que estivo un tempo sen tocar. Porén no ano 2001, durante a gala de clausura da Berlinale, o director Andreas Dresen pediulles usar a súa música para a súa próxima película, casualmente, uns meses antes xuntáranse para compoñer temas dunha película imaxinaria. Separados en cinco cuartos, simultaneamente improvisaron e compuxeron música para acompañar as escenas de 'dous irmáns que conducen rúa abaixo mentres escoitan a radio e chove'. Así é como chegou a súa primeira canción propia, "Mad Bad Cat", que pode escoitarse nos títulos de crédito de Halbe Treppe.
En 2002, tras unha serie de concertos en Alemaña, Austria e Francia, inspíranse neste último país para compoñer cinco novos temas: "Sirba", "Marlène", "Frau Von Ungefähr", "Was Bleibt", "Dansons La Valse".
2003 é un ano de colaboracións. Traballaron con 'Les Hurlements D'Leo', de onde naceu 'Hardcore Trobadors'. Tamén colaboraron no proxecto 'Sexy Ambient Hippies', da súa serie '17 Hippies play...' con varios amigos e invitados. Neste proxecto a batería e os sons electrónicos xogan un estraño papel. Este suave xiro desde a música improvisada a unha forma máis traballada deu como resultado o tema "Ifni", que sairía no seu seguinte álbum.
A súa estancia na cidade marroquí de Sidi Ifni no 2004 lles influíu con esa mestura de linguas, lendas e historias. De aí naceron pezas como Valser nel Bosco.
En xullo do 2008, visitaron Galicia para tocar no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira
Discografía Álbums *Rock’n’Roll 13(1997)*Texas Radio(1998)*Wer Ist Das?(1999)*Sirba(2002)*Banda sonora orixinal da película Halbe Treppe(2002)*17 Hippies Play Sexy Ambient Hippies(2003)*Ifni(2004)*17 Hippies Play Guitar(2006)*Live In Berlin(2006)*Heimlich(2007)*El Dorado(2009)
DVD *Live In Berlin(2005)
Véxase tamén
Outros artigos Les Negresses Vertes (Francia) The Pogues (Irlanda) Los Lobos (Estados Unidos)
Ligazóns externas Páxina oficial de 17 Hippies (en alemán, inglés e francés) Lista de músicos que tocaron con 17 Hippies (en inglés)
Categoría:Grupos musicais de folk Categoría:Grupos musicais de pop Categoría:Grupos musicais de Alemaña Categoría:Grupos musicais formados en 1995 Categoría:Participantes do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira