Crime en Compostela é unha novela policial de Carlos González Reigosa, publicada en 1984. Conseguiu o 1º premio Xerais de novela. É a primeira entrega da saga do detective Nivardo Castro xunto co xornalista Carlos Conde.
Trama
Nivardo Castro, que se autodefine como "aventureiro", investiga un asasinato acontecido en Santiago de Compostela, xunto ó seu amigo o xornalista Carlos Conde.
Os dous compañeiros, que se coñeceran no seminario de Mondoñedo, redescobren a cidade: os seus persoeiros, os pubs e os monumentos. Está ambientado a principios dos anos 80, polo que ademais dos habituais personaxes alcohólicos, típicos dos suburbios e clubs de alterne, ten presenza a xeración castigada polo abuso da heroína.
Ten moitas anécdotas e descricións da cidade, e por veces o libro trata máis de Compostela que do Crime, converténdose a cidade en coprotagonista activa.
Traducións Ao catalán por Salvador Pallarès Garí co título de Crim a Compostel•la publicado en 1990 por Edicions Bromera, Col. L´eclécticaFicha en BiTraGa.. Ao castelán polo propio autor co título de Crimen en Compostela publicado en 2000 por Plaza & JanésFicha en BiTraGa..
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha de xerais
Categoría:Novela negra en galego Categoría:Obras literarias de 1984 Categoría:Novelas ambientadas en Santiago de Compostela Categoría:Obras gañadoras do Premio Xerais Categoría:Cultura de Galicia sen imaxes