Mitrídates VI, chamado Eupátor Dionisos, (en grego: Μιθραδάτης Εὐπάτωρ Δῐόνῡσος)A grafía "Mitridates" era a versión latina romana, pero "Mitradates", era a grafía usada nas inscricións gregas e nas propias moedas de Mitrídates. Na actualidades, téndese a recuperar a grafía grega (por exemplo, na 3ª edición do Oxford Classical Dictionary). nado do 132 a. C. e finado no 63 a. C. en PantikapaionHøjte 2009, p. 121 (actual Kerch), tamén coñecido como Mitrídates o Grande, rei do Ponto dende o 120 ou o 119 a. C. até a súa morte, en Asia Menor, foi un dos inimigos máis formidábeis e exitosos de Roma, loitando consecutivamente contra tres dos máis grandes xenerais de finais da República: Sila, Lúculo e Pompeio.
Igualmente, foi un gobernante eficaz, ambicioso e desapiadado que procurou dominar Asia Menor e a rexión do Mar Negro, librando varias guerras duramente combatidas pero finalmente sen éxito (as Guerras mitridáticas) para romper o dominio romano sobre Asia e o mundo helénico. Foi denominado o maior gobernante do Reino do Ponto.Hewsen 2009, p. 41 Cultivou unha inmunidade aos velenos inxerindo regularmente doses subletais; esta práctica, agora chamada mitridatismo, leva o seu nome. Despois da súa morte pasou a ser coñecido como Mitrídates o Grande.
Etimoloxía Mitrídates é a transposición grega do nome persa Mihrdāt, que significa "dado por Mitra", o nome do antigo deus solar iraniano.Mayor 2009, p. 1 O nome en si deriva do antigo iraniano Miθra-dāta-.Schmitt 2005
Traxectoria
Orixe, familia e primeiros anos Mitrídates Eupator Dioniso foi un príncipe de ascendencia mixta persa e grega que afirmaba descender de Ciro o Grande, a familia de Darío o Grande, o rexente Antípatro, un dos xenerais de Alexandre Magno, así como dos posteriores reis Antígono I Monóftalmos e Seleuco I Nicátor.
Mitrídates naceu na cidade póntica de Sinope, na costa do Mar Negro de Anatolia, e criouse no Reino do Ponto. Foi o primeiro fillo dos fillos de Laodice VI e Mitrídates V (reinou entre 150 e 120 a. C.). O seu pai, Mitrídates V, era príncipe e fillo dos antigos monarcas pónticos Farnaces I do Ponto e da súa curmá-muller Nisa. A súa nai, Laódice VI, era unha princesa seléucida e filla dos monarcas seléucidas Antíoco IV Epífanes e da súa irmá e esposa Laodice IV.
Mitrídates V foi asasinado ao redor do 120 a. C. en Sinope, envelenado por persoas descoñecidas nun fastuoso banquete.Mayor 2009, p. 68 O reino quedou baixo o control conxunto da súa viúva Laodice VI, do seu fillo máis vello Mitrídates VI e do fillo máis novo Mitrídates Crestos. Como, daquela, nin Mitrídates VI nin o seu irmán máis novo eran maiores de idade, a súa nai mantivo todo o poder como rexente.Mayor 2009, p. 69 A rexencia de Laodice VI sobre o Ponto durou dende o 120 a. C. até o 116 a. C. (ou quizais até o 113 a. C.) e favoreceu a Mitrídates Cresto sobre Mitrídates até o punto que durante a rexencia da súa nai, Mitrídates escapou de varios complots organizados pola súa nai contra el e tivo que se esconder.
Entre o 116 a. C. e o 113 a. C., Mitrídates saíu do agocho e regresou ao Ponto sendo aclamado como rei. Nese momento, xa se convertera nun home de considerable estatura e forza física e combinaba unha enerxía e unha determinación extraordinarias cun talento considerable para a política, a organización e a estratexia. Mitrídates retirou a súa nai e a seu irmán do trono, encarcerándoos a ámbolos dous e converténdose no único gobernante do Ponto.Mayor 2009, p. 394 Laodice VI morreu en prisión, aparentemente por causas naturais e Mitrídates Crestos tamén morreu no cárcere, ou puido ser xulgado por traizón e executado. Malia a todo o anterior, Mitrídates deulles ós dous funerais reais.Mayor 2009, p. 100 A seguir, Mitrídates casou primeiro coa súa irmá máis nova Laodice, de 16 anosCohen 2006, p.387 cos obxectivos de preserva-la pureza da súa liña dinástica e consolida-la súa pretensión ao trono, co-gobernar sobre o Ponto e asegura-la sucesión dos seus fillos lexítimos.
Comezo do reinado
Mitrídates tiña ambicións de facer do seu estado o poder dominante no Mar Negro e en Anatolia. Primeiro subxugou a Cólquida, unha rexión ao leste do mar Negro ocupada pola actual Xeorxia, e antes do 164 a. C., un reino independente. Despois enfrontouse pola supremacía na estepa póntica co rei escita Palacus. Os centros máis importantes de Crimea, o Quersoneso Táurico e o Reino do Bósforo cederon facilmente a súa independencia a cambio das promesas de Mitrídates de protexelos contra os escitas, os seus antigos inimigos. Despois de varios intentos infrutuosos de invadir Crimea, os escitas e os aliados Roxolanos sufriron grandes perdas a mans do xeneral póntico Diofanto e aceptaron a Mitrídates como o seu señor supremo. miniatura|260x260px|Mapa do Reino do Ponto: antes do reinado de Mitrídates VI (vermello escuro), despois das súas conquistas (vemello) e despois das súas conquistas na Primeira guerra mitridatica (rosa), incluíndo o seu aliado, o Reino de Armenia (verde). A seguir, o rei mozo volveu entón a súa atención a Anatolia, onde o poder romano estaba en aumento. Conseguiu repartirse Paflagonia e Galacia co rei Nicomedes III de Bitinia. Probablemente foi con motivo da invasión paflagónica do 108 a. C. cando Mitrídates adoptou a era bitiniana, para usar nas súas moedas en honra á alianza. Esta era do calendario comezou co primeiro rei de Bitinia, Zipoites I no 297 a. C., e estivo en uso no Ponto até o no 96 a. C., polo menos.Højte 2006, 15–30.
Con todo, axiña quedou claro para Mitrídates que Nicomedes estaba dirixindo o seu país a unha alianza antipóntica coa República Romana, que estaba en proceso de expansión. Cando Mitrídates pelexou con Nicomedes polo control de Capadocia, e o derrotou nunha serie de batallas, este último viuse obrigado a pedir abertamente a axuda de Roma. Os romanos interferiron dúas veces no conflito en nome de Nicomedes (95–92 a. C.), deixando a Mitrídates, se este desexaba continuar a expansión do seu reino, sen máis remedio que participar nunha futura guerra romano-póntica. Nese momento Mitrídates decidiu expulsar aos romanos de Asia.
Guerras mitridáticas O seguinte gobernante de Bitinia, Nicomedes IV de Bitinia, foi un dos principais aliados dos romanos. Mitrídates conspiraba para derrocalo, pero os seus intentos fracasaron e Nicomedes IV, instigado polos seus conselleiros romanos, declarou a guerra ao Ponto. A propia Roma estaba nese momento implicada na Guerra Social, unha guerra civil cos seus aliados itálicos; como resultado, só había dúas lexións presentes en toda a Asia romana, ambas as dúas en Macedonia. Estas lexións uníronse co exército de Nicomedes IV para invadir o Reino do Ponto de Mitrídates no 89 a. C. Mitrídates obtivo unha vitoria decisiva, dispersando as forzas dirixidas polos romanos e o seu exército foi benvido en toda Anatolia. Ao ano seguinte, 88 a. C., Mitrídates orquestrou un xenocidio de colonos romanos e itálicos que permaneceron en varias cidades importantes de Anatolia, incluíndo Pérgamo e Trales (actual Aydın), eliminando esencialmente a presenza romana na rexión. O episodio coñeceuse como as Vésperas AsiáticasMayor 2009 e, se afirma, que unhas 80.000 persoas morreron no masacre.
O Reino do Ponto comprendía unha poboación mixta nas súas cidades xónicas gregas e anatolias. A familia real trasladou a capital de Amasia á cidade grega de Sinope. Os seus gobernantes intentaron asimilar plenamente o potencial dos seus súbditos mostrando unha cara grega ao mundo grego e unha cara iraniana/anatolia ao mundo oriental. Sempre que a brecha entre os gobernantes e os seus súbditos de Anatolia aumentaba, facían énfase nas súas orixes persas. Deste xeito, a propaganda real reclamou a herdanza dos gobernantes persas e gregos, incluíndo Ciro o Grande, Darío I de Persia, Alexandre Magno e Seleuco I Nicátor.McGing 1986, p. 11 Mitrídates tamén se fixo pasar por un campión do helenismo, pero isto foi principalmente para promover as súas ambicións políticas; non hai ningunha proba de que sentise a misión de promover a súa extensión dentro dos seus dominios. Calquera que fosen as súas verdadeiras intencións, as cidades gregas (incluída Atenas) desertaron ao lado de Mitrídates e acolleron aos seus exércitos na Grecia continental, mentres que a súa frota asediaba aos romanos en Rodas. O seu veciño do sueste, o rei de Armenia, Tigranes o Grande, estableceu unha alianza con Mitrídates e casou cunha das fillas de Mitrídates, Cleopatra do Ponto. Os dous gobernantes seguirían apoiándose mutuamente no vindeiro conflito con Roma.Kurdoghlian (1994), pp. 67–76. miniatura|Espazos onde se produciu a Primeira guerra mitridática (87-86 a. C.) miniatura|Moeda póntica (tetradracma) que reproduce o busto de Mitríades VI.Os romanos responderon ó masacre do 88 a. C. organizando unha gran forza de invasión para derrotar a Mitrídates e apartalo do poder. A Primeira guerra mitridática, librada entre o 88 e o 84 a. C., viu como Lucio Cornelio Sila expulsou a Mitridates da propia Grecia. Despois de lograr a vitoria en varias batallas, Sila recibiu noticias de problemas en roma polo retorno do seu rival Caio Mario polo que concluíu apresuradamente as conversacións de paz con Mitrídates. Cando Sila regresou a Italia, Lucio Licinio Murena quedara á fronte das forzas romanas en Anatolia. O tratado de paz indulxente, que nunca foi ratificado polo Senado, permitiu a Mitrídates VI restaurar as súas forzas. Durante este conflito, un grupo dos seus partidarios, Minio e Filótimo de Esmirna, e Clístenes e Asclepiodoto de Lesbos, conspiraron para matalo. Porén, Asclepiodotus cambiou de idea e converteuse nun informante e procurou que Mitrídates se agochase debaixo dunha cadeira grande para escoitar o complot contra el. Mitrídates, torturou e executou aos conspiradores e tamén matou as familias e amigos dos conspiradores.
No 83 a. C., Murena atacou a Mitrídates no provocando a Segunda guerra mitridatica do 83 ao 81 a. C., na que Mitrídates derrotou ás dúas lexións de Murena na batalla de Halis no 82 a. C. antes de que a paz fose declarada de novo por tratado.
Cando Roma intentou anexionarse Bitinia (legada a Roma polo seu último rei) case unha década despois, Mitrídates atacou cun exército aínda maior, o que provocou a Terceira guerra mitridatica do 73 a. C. ao 63 a. C. Daquela, Lucio Licinio Lúculo foi enviado contra Mitrídates e os romanos derrotaron ás forzas pónticas na batalla de Cabira no 72 a. C., levando a Mitrídates ao exilio na Armenia de Tigranes. Mentres Lúculo estaba preocupado por loitar contra os armenios, Mitrídates remontou para recuperar o Ponto esmagando catro lexións romanas ao mando de Valerio Triario e matando a 7.000 soldados romanos na batalla de Zela no 67 a. C. Finalmente, foi derrotado polas lexións de Pompeio na batalla do río Lico no 66 a. C.
Despois desta derrota, Mitrídates fuxiu cun pequeno exército cara a Cólquida e despois sobre as montañas do Cáucaso ata Crimea e fixo plans para levantar outro exército para enfrontarse aos romanos. O seu fillo máis vello vivo, Machares, vicerrei do Bósforo cimerio, non estaba disposto a axudar ao seu pai. Mitrídates matou a Machares, e Mitrídates tomou o trono do reino do Bósforo. Entón ordenou o recrutamento e os preparativos para a guerra. No 63 a.C., outro dos seus fillos, Farnaces II do Ponto, dirixiu unha rebelión contra o seu pai, xunto aos exiliados romanos no núcleo do exército póntico de Mitrídates. Mitrídates retirouse á cidadela de Panticapaeum, onde se suicidou. Pompeio enterrou a Mitrídates nas tumbas escavadas na rocha dos seus antepasados en Amasia, a antiga capital do Ponto.
Representación do poder