Bagad Kemper (Kemper é o nome bretón da cidade de Quimper) é un dos grupos bagad máis importantes da Bretaña (Francia), creado en 1949. Colaboraron con artistas do talle de Dan Ar Braz, Carlos Núñez, Johnny Clegg ou Susana Seivane, a quen convidaron a formar parte do seu exitoso espectáculo Sud-Ar Su.

Participaron no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira nas edicións do 2005 e 2007.

Discografía Álbums *Toniou war an Dachenn (Volume 1)(1976)*Toniou war an Dachenn (Volume 2)(1979)*Toniou war an Dachenn (Volume 3)(1984)*Toniou war an Dachenn (Volume 4)(1989)*Lip ar Maout(1995)*Hep Diskrog(1999)*Azeliz Iza(2001)*Sud-Ar Su(2004)

Recompilatorios *The Best of Bagad Kemper(1991)*Collection 1995 - 2005(2006)

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do grupo (en francés e bretón)

Categoría:Bagad Categoría:Grupos musicais da Bretaña Categoría:Participantes do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira