El Correo de Galicia foi un xornal editado en Santiago de Compostela entre 1900 e 1920.
Historia e características Apareceu o 12 de novembro de 1900 co subtítulo de Diario independiente de avisos y noticias. Dirixido por Ramón Gallego García, facía constar en todos os números que se editaba con censura eclesiástica. Alejandro Taboada Rivas foi o seu redactor xefe até a súa morte en 1908. Entre os seus colaboradores figuraron José Portal Fradejas, Emilio Villelga Rodríguez, Ricardo León, Juan López de Rego e Luis Cimadevilla Rey -que asinaba como Alcuino-. Cesou a súa publicación a principios de 1920, sendo substituído por El Compostelano.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1900 en Galicia