Silleda é unha vila da parroquia de Silleda no concello pontevedrés de Silleda. É a capital do concello. No ano 2010 tiña 2.759 habitantes, deles 1.406 eran homes e 1.353 eran mulleres. Isto supón un aumento no número de habitantes con respecto ao ano 2000.

Nesta vila, aséntase a casa do concello. Ten tres centros de ensinanza: o CEIP de Silleda, o Colexio María Inmaculada e o IES Pintor Colmeiro.

Está asentada na intersección da N-525 coas estradas PO-211 e PO-201, que coinciden cos trazados das antigas estradas a Compostela, á estación do ferrocarril do Castro, e a Laro, respectivamente. A vila de Silleda xa ten case absorbidos os lugares do Outeiro e do Foxo.

Lugares e parroquias Lugares de Silleda

Parroquias de Silleda

Categoría:Lugares de Silleda