Trasfontao é un lugar da parroquia de Ponte no concello pontevedrés de Silleda. No ano 2017 tiña 12 habitantes, deles 7 eran homes e 5 eran mulleres. Isto supón un descenso no número de habitantes con respecto ao ano 2000.
Situación e historia Este lugar sitúase noutro maior: San Miguel, nas proximidades da PO-205. Baixo o nome de Trasfontao adoitan agruparse dous núcleos de poboación: o propio Trasfontao e a Regueira. Destaca unha antiga fonte pública, agora de propiedade privada.
O núcleo da Regueira debe o seu nome ao regato que o atravesa. Ao pé del, no fondo do lugar, érguese un pequeno lavadoiro e outra fonte pública.
Nos séculos XVI, XVII e XVIII, a Orde de Malta tiña aforados terreos neste lugar a través da Encomenda de BeadeVéxase García Tato (2004)..
Poboación Evolución da poboación:
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Ponte
Parroquias de Silleda
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Lugares de Silleda