Cidade do Vaticano (en italiano: Città del Vaticano), é un estado soberano cuxo territorio está composto por un enclave dentro da cidade de Roma, capital de Italia. Abrangue unha superficie 0,439 km² (44 hectáreas), sendo o país independente recoñecido internacionalmente máis pequeno do mundo. A súa poboación é de pouco máis de 800 habitantes, dos cales 438 persoas gozan do dereito de cidadanía vaticana, mentres que o resto están autorizadas a residir nel sen ese dereito.
O Vaticano é unha cidade-estado, recoñecido como tal o 11 de febreiro de 1929 tralos pactos de Latrán. A Cidade do Vaticano alberga a Santa Sé, máxima institución da Igrexa católica. Aínda que os dous nomes "Cidade do Vaticano" e "Santa Sé" se utilizan a miúdo coma se fosen equivalentes, o primeiro refírese á Cidade e ao seu territorio, mentres que o segundo se refire á institución que dirixe a Igrexa e que ten personalidade xurídica propia (como suxeito de dereito internacional). En rigor, é a Santa Sé, e non o Estado do Vaticano, a que mantén relacións diplomáticas cos demais países do mundo. Doutra banda, o Vaticano é quen dá o soporte temporal e soberano para a actividade da Santa Sé. As dúas entidades aínda teñen pasaportes diferentes, aínda que en ámbolos casos son moi poucos os existentes.
A denominación oficial completa en latín desta estado é: Status Civitatis Vaticanæ, sendo en italiano a denominación completa Stato della Città del Vaticano, nome que vén do Monte Vaticano (do latín : predición; antigamente moraba no outeiro un oráculo etrusco). A Cidade do Vaticano é unha monarquía eclesiástica ou sacerdotal, gobernada polo bispo da diocese romana, o Papa, polo que pode considerarse a única monarquía electiva de Europa, aínda cando o Sumo Pontífice delega as funcións de goberno no Secretario de Estado. Posúe ademais o exército máis pequeno do mundo, a Garda Suíza, composta tan só por 110 soldados.
Etimoloxía Orixinariamente, Vaticano era unha figura da mitoloxía romana que abría a boca dos meniños acabados de nacer para que puidese dar o primeiro berro ou choro. Era tamén o nome dun outeiro da cidade de Roma, o Monte Vaticano, onde se erguía o circo de Nerón e onde supostamente san Pedro foi martirizado e sepultado.Orixe do nome Vaticano O nome deste outeiro viña do latín "vaticinĭum" é dicir, predición ou profecía, debido a que nese outeiro moraba na antigüidade un oráculo etrusco.
Historia Orixe e Estados Pontificios
miniatura|esquerda|Mapa dos Estados Pontificios. Nesta zona deshabitada orixinalmente (ager vaticanus) ao lado oposto da beira do Tíber na cidade de Roma, Agripina a Maior, desbravou o outeiro e os seus arredores e construíu uns xardíns a comezos do século I, e logo o emperador Calígula, no ano 40, iniciou a construción dun circo que foi rematado finalmente por Nerón, o Circus Gaii et Neronis,Roma Cristiá e Pagá coñecido comunmente como o Circo de Nerón. O obelisco do Vaticano foi tomado inicialmente por Calígula de Heliópole, en Exipto, para decorar a "spina" do seu circo, sendo este o último remanente visible da construción romana. Despois do grande incendio de Roma do ano 64 esta zona converteuse en lugar do martirio de moitos cristiáns e a antiga tradición sostén que foi neste circo no que San Pedro foi crucificado boca abaixo; ademais, a parte frontal do circo foi convertida nun cemiterio, separado pola Vía Cornelia, sendo construídos numerosos monumentos funerarios, mausoleos e pequenas tumbas, así como altares a deuses pagáns de todo tipo de relixións, situación que durou até a construción da Basílica de San Pedro de Constantino na primeira metade do século IV. Restos destas de antigas necrópoles saíron á luz de forma esporádica durante as renovacións de varios papas durante os séculos aumentando en frecuencia durante a Renacemento, até que foi escavado sistematicamente por orde do papa Pío XII dende 1939 até 1941.
No ano 326 foi construída a Basílica de Constantino, a primeira igrexa, sobre o lugar en que os primeiros apoloxistas católicos romanos (onde algún arqueólogos italiano supoñen que se atopa a tumba de San Pedro) foran enterrados nun cemiterio. A partir de entón comezou un poboamento da zona, mais na súa meirande parte eran só casas relacionadas coa actividade da basílica, e xa no século V, durante o pontificado de Símaco, foi construído un pazo preto do sitio da basílica Columbia Encyclopedia A partir de aí os Papas, no seu papel secular, pouco a pouco pasaron a gobernar as rexións veciñas e, a través da Estados Pontificios, gobernaron gran parte da Península Itálica por máis dun milleiro de anos, até mediados do século XIX, cando tódolos territorios dos Estados Pontificios foron tomados polo recentemente creado e unificado Reino de Italia. Durante gran parte deste tempo, o Vaticano non foi a residencia habitual dos Papas, senón o Pazo de Latrán, e nos últimos séculos, o Pazo do Quirinal, exceptuando o período entre 1309 e 1377, cando a sé papal foi trasladada a Aviñón, Francia.
En 1870, as posesións papais foron deixadas nunha situación de incerteza cando Roma foi anexionada polas forzas do Piemonte ao resto da nova Italia, despois dunha resistencia nominal das forzas do Papa. Entre 1861 e 1929 a situación do Papa era coñecida como a "La Questione romana" (do lingua italiana: A cuestión romana). Aínda que os Papas podían estar no seu palacio e tiñan certos recoñecementos determinados pola Lei de Garantías, incluído o dereito de enviar e recibir embaixadores, non recoñeceron o dereito do Rei de Italia a gobernar en Roma, negándose a abandonar o recinto do Vaticano até que se resolveu a disputa no ano 1929. Cómpre destacar que algúns países seguiron mantendo o recoñecemento internacional da Santa Sé como unha entidade soberana e que na práctica Italia non fixo ningún intento de interferir coa Santa Sé dentro dos muros do Vaticano. Porén, foron confiscados bens da Igrexa en moitos outros lugares, sendo quizais o máis notable o Pazo do Quirinal, anterior residencia oficial do Papa. Pío IX (1846-1878), último gobernante dos Estados Pontificios, afirmou que despois da anexión de Roma era un "Prisioneiro no Vaticano".
Dos Pactos Lateranenses á actualidade
miniatura|esquerda|135px|Francisco. Esta situación resolveuse finalmente o 11 de febreiro de 1929, nun tratado asinado por Benito Mussolini en nome do rei Vitor Manuel III e polo Secretario de Estado de Pío XI Pietro Gasparri, onde finalmente foi recoñecido o Estado independente da Cidade do Vaticano nos coñecidos como Pactos Lateranenses, dez anos despois, en 1939, estala a segunda guerra mundial, na que o estado do Vaticano se declarou neutral, aínda que segundo Werner Kaltefleiter e Hans Peter Oschwald,Publicaron un libro titulado "Spione im Vatikan. Die Päpste im Visier der Geheimdienste", Editorial Pattloch, 2006. Hitler deu a orde de entrar no Vaticano e secuestrar ao Papa Pío XII en 1944, mais o xeneral das Schutzstaffel (SS) ao mando, Karl Wolff, fixo caso omiso da orde alegando cuestións éticas e morais, sendo relevado máis tarde do mando. En 1962 foi inaugurado no país o Concilio Vaticano II por Xoán XXIII, o que supuxo grandes trocos dentro da Igrexa católica, sendo clausurado tras anos despois polo papa Paulo VI. En 1981, o xefe de estado Xoán Paulo II sofre un atentado na Praza de San Pedro do Vaticano. En 1984, un novo concordato entre a Santa Sé e Italia modificou determinadas disposicións do tratado anterior de Latrán, incluída a posición do catolicismo romano como a relixión do Estado italiano. Xa no primeiro ano do século XXI o propio Xoán Paulo II promulgou a Lei Fundamental do Estado da Cidade do Vaticano, actualmente en vigor. En 2005 Bieito XVI foi elixido como novo Xefe de Estado da Cidade do Vaticano, renunciando ao seu posto o 11 de febreiro de 2013, sendo o primeiro Papa en facelo en séculos. O seu substituto foi Francisco, sucedido, ao finar en 2025, por León XIV.
Xeografía A área do Vaticano é de 0,44 quilómetros cadrados, situada como un enclave dentro da capital italiana, Roma, polo que non posúe área costeira. A defensa do país é da responsabilidade da Italia, mentres que a seguridade do Papa fica a cargo da Garda Suíza. Fóra da Cidade do Vaticano, o Estado posúe 13 edificios en Roma e Castel Gandolfo (a residencia de verán do Papa), gozando de dereitos extraterritoriais. Ten unha fronteira 3,2 km coa República de Italia.
A cidade ten clima suave, con invernos chuviosos (de setembro a mediados de maio) e veráns quentes (de maio a setembro). Está situada nun outeiro baixo, o chamado Monte Vaticano, que vén do latín Mons Vaticanus, existente moito antes do cristianismo, e que se sospeita que provén da lingua etrusca. O punto máis baixo do país é un local sen nome situado a 19 metros sobre o nivel do mar, sendo o punto máis alto outro local non nomeado a 75 metros de altitude. O Vaticano non posúe ningún recurso natural.
O Vaticano é fundamentalmente urbano, sen ningunha das terras reservada para agricultura ou outro tipo de explotación de recursos naturais. A cidade-estado exhibe un impresionante grao de economía, nacida da necesidade extremamente limitada debido ao seu territorio. Así, o desenvolvemento urbano está optimizado para ocupar menos do 50% da área total, mentres que o resto está reservado a espazos aberto, incluíndo os Xardíns do Vaticano. O territorio posúe moitas estruturas que axudan a fornecer autonomía ao Estado soberano, estes inclúen: liñas ferroviarias, heliporto, correos, estación de radio, cuarteis militares, palacios e despachos gobernamentais, institucións de ensino superior, culturais e de arte, e algunhas embaixadas.
O Vaticano fai só fronteira con Italia, concretamente coa cidade de Roma, ou sexa, é un enclave independente, sendo a súa fronteira a menor do mundo, con tan só 4,07 km.Fronteira Vaticano e Italia En xullo de 2007, o Vaticano aceptou unha oferta que vai tornalo o único estado neutro en relación ao carbono por ano, debido á doazón do Vaticano do Bosque Clima en Hungría. O bosque posúe tamaño suficiente para compensar as emisións de dióxido de carbono do Estado.The Vatican cho go carbon neutral (en inglés)
Política e goberno miniatura|esquerda|Palacio de Goberno do Vaticano. O Papa, xefe de Estado electo nun colexio de cardeais denominado conclave para un cargo vitalicio, detén no Estado do Vaticano os poderes lexislativo, executivo e xudicial, desde a creación do Vaticano polo Tratado de Latrán en 1929. O conclave actualmente se fai segundo as disposicións da Constitución Apostólica Universi Dominici gregis, promulgada por Xoán Paulo II o 22 de febreiro de 1996 e modificada por Bieito XVI en xuño de 2007. Polo tanto, só o colexio cardinalicio ten dereito a voto, quedan excluídas as mulleres e o resto de homes que residen na Cidade do Vaticano.
miniatura|A Garda Suíza co seu tradicional uniforme. O electo convértese en Papa en canto manifesta a súa aceptación, sempre que tivese xa o carácter de bispo. En caso contrario, o elixido debe ser ordenado Bispo inmediatamente. En calquera dos dous casos, o Papa electo adquire desde o mesmo momento da súa aceptación, e ordenación no seu caso, a plena e suprema potestade na Igrexa católica e como Xefe de Estado da Cidade do Vaticano. Con todo, tecnicamente é unha monarquía electiva, non hereditaria e pódese considerar como unha autocracia, xa que tódolos poderes (executivo, lexislativo e xudicial) están concentrados na figura do Papa, o cal non posúe calquera órgano que fiscalize os seus actos como gobernante e, por ser considerado sucesor de San Pedro, non debe prestación de contas a ninguén, considerándoo un emisario de Deus na Terra. En consonancia con esta doutrina, o Vaticano é o único territorio europeo que explicitamente defende o seu carácter de teocracia.