San Cibrán de Meréns é unha parroquia do concello de Cortegada, situada na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2009 tiña 66 habitantes (29 homes e 37 mulleres). Limita ao norte con Lapela, ao leste con Louredo, ao sur co Rabiño e ao oeste co río Miño.
Economía Dedícase ao cultivo do pemento da Arnoia e autoconsumo.
Patrimonio Hai restos romanos (unha ara romana onde antes estaba a vella capela) e un escudo heráldico no pazo dos Puga do século XVIII. Fermín Bouza Brey deixou recollido o achado da ara romana (así como da pía bautismal do século XIV) e a hipótese de que no cumio do Coto de Meréns se atopase un rollo xurisdicional (forca).
A súa igrexa parroquial é dos anos 50 e o pazo de Meréns é unha casa cuxo único adorno é o escudo máis grande de Galicia, atopándose fronte a unha pequena praza onde hai un peto de ánimas. O seu patrón é o autor do Ciprianillo.
Lugares e parroquias Lugares de Meréns
Parroquias de Cortegada
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cortegada
Categoría:Parroquias de Cortegada Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Cibrán