Santos Xusto e Pastor de San Xusto de Avión é unha parroquia do concello de Avión, na provincia de Ourense. En 2015 tiña 588 habitantes (279 homes e 309 mulleres), 133 menos ca en 2000. Esta parroquia, por ser a capital do municipio, non perdeu tanta poboación como as outras do concello.

Patrimonio A igrexa parroquial ten a súa orixe a comezos do século XVII, rematándose a súa construción en 1742. A fachada é un retablo barroco realizada por canteiros da Terra de Montes, e ten outras dúas portadas fortemente moldeadas e con fornela superior, con figuras pétreas de Santo Antón co Neno e a Virxe e o seu fillo. A cabeceira, moi anterior a 1742, ten bóveda de nervios góticos con claves historiadas policromadas. Na central figuran os santos Xusto e Pastor, con caretas alusivas aos principios centrais da fe. miniatura|Mapa da xurisdición de Avión de Rosendo Amoedo, 1789. A arquitectura da torre do templo, con carátulas angulares na balaustra inferior, é similar á das igrexas de Carballeda e Beiro, posiblemente porque foron ordenadas facer pola mesma persoa, o conde de Ribadavia.

A igrexa ten columnas salomónicas angulares, algo que malia ser un exemplo moi característico do barroco, non é común nos exteriores das igrexas do barroco galego.

Lugares e parroquias Lugares de Avión

Parroquias de Avión

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Avión

Categoría:Parroquias de Avión Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación dos santos Xusto e Pastor