Santo Adrao de Lourenzá é unha parroquia do concello de Lourenzá na comarca da Mariña Central, na provincia de Lugo. Tiña 413 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 195 homes e 218 mulleres. O que supón unha diminución de 109 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 522 habitantes (263 homes e 259 mulleres).
Patrimonio A igrexa parroquial data do século XVI, aínda que sufriu restauracións posteriores. Posúe un retablo barroco da Inmaculada do século XVIII e conta cunha cruz procesional do século XVI.
Ao sur atópase a capela de San Sebastián, construída en 1947.
Lugares e parroquias Lugares de Santo Adrao de Lourenzá
Parroquias de Lourenzá
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lourenzá
Ligazóns externas As parroquias de Lourenzá na web do concello
Categoría:Parroquias de Lourenzá Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo Adrao