Mary Patricia McAleese, (en ), nada en Belfast o 27 de xuño de 1951, é unha avogada e xornalista irlandesa, oitava presidenta do seu país entre 1997 e 2011. Foi a segunda muller presidenta, tras Mary Robinson, facendo que McAleese sexa a primeira muller en suceder outra como presidente. Foi reelixida presidenta sen oposición por segunda vez en 2004. McAleese foi a primeira presidenta de Irlanda de vir de Irlanda do Norte. Distincións e premios Ten sida nomeada doutor honoris causa por varias institucións académicas, amosadas a continuación en orde cronolóxica: 1998: Universidade Santa María de Halifax 2004: Universidade de Chile 2008: Universidade da Cidade de Dublín 2010: Universidade de Fordham
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Biografía oficial
Categoría:Nados en Belfast Categoría:Nados en 1951 Categoría:Presidentes de Irlanda Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Santa María de Halifax Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Fordham Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Chile Categoría:Profesores do Trinity College Dublin