San Pedro de Esperante é unha parroquia do concello de Folgoso do Courel na comarca de Quiroga, na provincia de Lugo. Tiña 97 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 53 homes e 44 mulleres. O que supón unha diminución de 20 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 117 habitantes (64 homes e 53 mulleres).
Xeografía Limita coas parroquias de Lousada ao norte, Riocereixa ao leste, Visuña ao sueste, e Seoane do Courel ao sur e oeste.
Nesta parroquia, no lugar de Campelo atópase a entrada á Sima de Aradelas, a cova máis profunda de Galicia.
Patrimonio Nesta parroquia, no lugar do Carbedo, foi atopada unha Tabula Hospitalis, unha peza en bronce cun texto en latín da época da romanización de Galicia. Castelo do Carbedo
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Esperante
Parroquias de Folgoso do Courel
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Folgoso do Courel
Categoría:Parroquias de Folgoso do Courel Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro