miniatura|dereita|Leonid Andreiev.
Leonid Nikolaievich Andreiev, nado en Oriol o 21 de agosto de 1871 e finado en Mustamäki (Finlandia) o 12 de setembro de 1919, foi un escritor ruso.
Traxectoria Andreiev estudou leis en Moscova e pintou cadros para se gañar a vida. Publicou o seu primeiro relato, В тумане ( Tumane, en galego Na néboa), en 1902. Durante a revolución de 1905, foi encarcerado con Maxim Gorki. En 1908 publica a súa obra máis coñecida, Рассказ о семи повешенных ( Razskaz o semi povexennikh, en galego Os sete que foron pendurados). A súa obra caracterízase pola condena da estrutura política da Rusia tsarista. Oposto ao bolxevismo declinou as honras que lle ofreceron e emigrou a Finlandia.
Categoría:Escritores en lingua rusa Categoría:Escritores de Rusia Categoría:Nados no óblast de Oryol Categoría:Nados en 1871 Categoría:Finados en 1919 Categoría:Wikipedia:Artigos por validar con WP:TRL