San Munio de Veiga é unha parroquia do concello da Bola na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2013 tiña 300 habitantes (136 mulleres e 1348 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 337 habitantes.

Patrimonio O mosteiro de San Munio de Veiga foi fundado no século IX por San Munio, que está enterrado na súa capela maior. Dependeu das ordes militares de San Xoán de Xerusalén e de Santiago. O templo románico do mosteiro ten imaxinería románica e gótica e unha cruz de esmaltes do século XII. No muro que rodea o adro hai dous relevos dun antigo baldaquino con escenas da Anunciación.

Nun muro da casa reitoral atopouse unha ara romana adicada a Xúpiter, que se conserva no interior da igrexa parroquial.

Galería de imaxes

Notas

Lugares e parroquias Lugares de Veiga

Parroquias da Bola

Véxase tamén Outros artigos Lugares da Bola

Categoría:Parroquias da Bola Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Munio