Fernando José Torres Sanz, nado en Fuenlabrada (Madrid) o 20 de marzo de 1984 é un exfutbolista español, de orixe galega. Xogaba na demarcación de dianteiro, o equipo no que xogou máis tempo foi o Atlético de Madrid e retirouse en 2019 no Sagan Tosu do Xapón, adestrado alí polo catalán Lluís Carreras.
Tamén xogou na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e as Eurocopas de 2008 e 2012, un triplete inédito na historia do fútbol. Marcou o único gol da vitoria na final da Eurocopa 2008 e tamén marcou un e asistiu outro dos catro goles na final da Eurocopa 2012, na que recibiu, con tres goles, a Bota de Ouro ao máximo goleador da competición.
Traxectoria Naceu en Fuenlabrada, sendo fillo de José Torres, un emigrante galego de Gastrar, Boqueixón, e de Flora Sanz.
Comezou a xogar na canteira do Atlético de Madrid cando tiña dez anos e debutou en primeira división do fútbol español co seu equipo o 1 de setembro de 2002 no Camp Nou, empatando co FC Barcelona 2-2. No club madrileño estivo xogando cinco tempadas consecutivas, onde obtivo unha media de 15 goles e un récord de 23 goles por tempada en 2003-04.
O seu debut como internacional foi o 6 de setembro de 2003 no partido Portugal 0 - 3 España. Torres participou na Copa Mundial de Fútbol de 2006.
En 2007 ficha polo Liverpool FC, por 36 millóns de euros, co que se converte na fichaxe máis cara nos 150 anos de historia do club inglés e a máis cara da tempada 2007/2008 en Europa. O 16 de xullo debuta co Liverpool FC nun amigable ante o Werder Bremen (3-2 para os Reds). O 11 de agosto debuta oficialmente co Liverpool FC no partido de liga Aston Villa-Liverpool FC (1-2).
No inverno da tempada 2010/2011 vai para o Chelsea FC, custando a súa fichaxe 56 millóns de euros.
Selección nacional 200px|esquerda|miniatura|Torres, campión da Eurocopa 2008. En 2001 impúxose no «Torneo Algarve» coa selección sub-16 española. Tamén venceron no campionato europeo sub-16 da UEFA, no que Torres anotou o único tanto da final e foi elixido mellor xogador do campionato. En novembro dese mesmo ano representou a España no Mundial Sub-17 de 2001, no que a selección foi eliminada na fase de grupos. En 2002 impúxose no europeo sub-19, no que foi nomeado futbolista do torneo e de novo anotou o único tanto da final.
O 6 de setembro de 2003 debutou coa selección nacional nun amigable ante Portugal. O 28 de abril de 2004 anotou o seu primeiro tanto ante a selección italiana, e foi convocado á Eurocopa dese ano.
Na fase de clasificación para o Mundial de Alemaña 2006 anotou sete tantos en once partidos, entre eles un hat-trick a San Marino, sendo o máximo goleador español de devandita fase. No Mundial marcaría outros 3 goles, compartindo o pichichi con David Villa.
Foi convocado para a Eurocopa 2008. Marcou dous goles na fase de clasificación e outros dous na Eurocopa, un deles o único tanto da final contra Alemaña (1-0), dando a España a segunda Eurocopa da súa historia.
O 28 de marzo de 2009 disputou ante Turquía o seu encontro número sesenta coa selección (durante a fase de clasificación para o Mundial de 2010) converténdose no futbolista máis novo en lograr este fito. Aínda que as lesións marcaron a tempada impedíndolle disputar un considerable número de encontros clasificatorios, anotou nun amigable ante Chile tras substituír a Villa na segunda metade. No verán Vicente del Bosque convocouno para disputar a Copa Confederacións. Durante a disputa desta competición anotou o seu segundo hat-trick con España ante o combinado neozelandés; o hat-trick máis rápido da historia da selección. Tamén disputou o encontro de semifinais ante Estados Unidos -no que o combinado nacional foi derrotado (2-0)-, así como o encontro ante Suráfrica -no que os españois impuxéronse (3-2) no tempo de desconto.
En 2010 volveu ser convocado por Vicente del Bosque para disputar o Mundial de Suráfrica. O 11 de xullo de 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española en Suráfrica.
Clubs e estatísticas ClubTempadaLigaCopa localConsidéranse os partidos xogados na Copa do ReiCopa continentalConsidéranse os partidos xogados na Liga de Campións da UEFA, a Copa da UEFA e a Copa Intertoto.TotalPart.GolesPart.GolesPart.GolesPart.GolesAtlético de Madrid España2000–01*4120612001–02*366113772002–0329132131142003–0435215240232004–053816625249202005–0636134040132006–073614414015 Total 214 82 24 7 5 2 243 91Liverpool FC Inglaterra2007–0833242311646332008–09241451923817 Total 57 38 7 4 20 8 84 50Total 264 117 30 11 22 10 318 140Datos correspondentes ó 21 de abril de 2009 * Segunda división
Palmarés Club Atlético de Madrid Segunda División: 2001–02
Chelsea FA Cup: 2011–12 UEFA Champions League: 2011–12 UEFA Europa League: 2012–13
Internacional España sub-16 Campionato de Europa da UEFA sub-17: 2001
España sub-19 Campionato de Europa da UEFA sub-19: 2002
España Eurocopa: 2008, 2012 Copa do Mundo: 2010
Distincións individuais DistinciónAnoGoleador do Campionato Europeo sub-16 da UEFA2001Mellor xogador do Campionato Europeo sub-16 da UEFA2001Goleador do Campionato Europeo sub-19 da UEFA2002Mellor xogador do Campionato Europeo sub-19 da UEFA2002Mellor xogador debutante na Premier League2008Mellor xogador da Final da Eurocopa2008Mellor xogador do ano "Northwest Awards" Premier LeagueFutbolista do ano nos Northwest Awards2008Balón de bronce2008Terceiro lugar do Xogador Mundial da FIFA2008Bota de Prata da Copa FIFA Confederacións2009Incluído no equipo ideal FIFA/FIFPro2009Fichaxe máis cara da Premier Ligue. 5º xogador español mais caro da historia.
Fernando Torres e Galiza O seu pai é de Boqueixón e a súa nai madrileña. Dende 1990 pasaba os veráns na localidade de Estorde, en CeeO pasado galego de Torres: O neno que creceu na praia de Cee , La Voz de Galicia, 28/06/08. Durante os veráns coñeceu a súa compañeira, unha rapaza chamada Olalla. Teñen unha filla chamada Nora (nada en Compostela en xullo de 2009) e un fillo chamado Leo (nado en Liverpool en decembro de 2010).
Outros datos Participou no videoclip da canción "Ya nada volverá a ser como antes" do grupo pop El canto del loco, onde a súa moza marchaba co vocalista do grupo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial. Myspace Oficial.
Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados en Fuenlabrada Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Españois de ascendencia galega Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do Liverpool FC Categoría:Xogadores do Chelsea FC Categoría:Xogadores do AC Milan Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Futbolistas gañadores da Eurocopa Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial