Santo André de Bembibre é unha parroquia do concello de Viana do Bolo na comarca de Viana, na provincia de Ourense. Segundo o IGE, en 2015 tiña 62 habitantes (35 homes e 27 mulleres).

Historia e patrimonio En Bembibre está o castro de Vila de Sen. Alí atopouse unha figura antropomórfica, e mais a cabeza dun verrón, que se conserva no Museo Arqueolóxico de Ourense. Na baixa idade media construíuse nese lugar un pequeno mosteiro beneditino, e no século XIV Sancho IV de Castela cedeu o mosteiro e mais os seus terreos á diocese de Astorga, á que segue pertencendo a parroquia.

Balneario de Bembibre dereita|miniatura|Balneario de Bembibre.

Preto da aldea hai un balneario de augas sulfurosas frías, construído en 1896. As propiedades das súas augas aparecen xa citadas na obra Espejo cristalino de las aguas de España de Alfonso Limón Montero (1697), no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual de Madoz (1845) e en Hidrología médica de Galicia de Nicolás Taboada Leal (1877). Ao parecer, en 1894 o doutor de Viana do Bolo José Manuel Armesto López adquiriu os terreos e construíu o balneario, inaugurado en 1896. Tempo despois construíuse un hotel de dous andares, e outro edificio para tratar os doentes con auga quente a presión. En 1924 o balneario aparece citado no Anuario-Guía de las playas y balnearios de España, e en 1936 Vicente Risco cítao en Geografía del Reino de Galicia. O balneario pechou en 1956

As augas subterráneas saen a 15 °C e teñen unha forte mineralización, moi osixenada. Son augas bicarbonatadas (fluorada), sódicas, con boro e arsénico.

Igrexa de Santo André dereita|miniatura|Fachada da igrexa.

A igrexa parroquial é matriz da de Santa María de Pradocabalos. Na fachada principal ten unha fornela barroca baleira, enmarcada nunha moldura lobulada. No interior ten volutas e altorrelevos con motivos florais e dous leóns rampantes afrontados. Na parte superior hai unha elegante espadana de dous corpos decorada nos seus laterais por volutas e pináculos.

No interior do templo hai unha pía bautismal decorada cun avieirado, e varias imaxes de André o Apóstolo, coa cruz de Santo André. O arco triunfal é de feitura academicista, e hai tres retablos barrocos, o principal dourado e entallado con motivos florais e xeométricos.

No muro leste, na ábsida, hai varios esgrafiados.

Lugares e parroquias Lugares de Bembibre

Parroquias de Viana do Bolo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Viana do Bolo

Categoría:Parroquias de Viana do Bolo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo André