Henri Nonn nado en Ancerviller o 5 de xullo de 1929 e finado en Illkirch-Graffenstaden o 13 de setembro de 2017, foi un xeógrafo francés, que investigou o litoral galego desde un punto de vista xeomorfolóxico.

Traxectoria thumb|Henri Nonn, Jacques Lévy e Jean Renard (1998). Nonn estudou na Universidade de Estrasburgo baixo a dirección do profesor Jean Tricart, que o orientou para o estudo da xeomorfoloxía galega. Durante dez anos, estudou as costas galegas, á par que publicaba estudos parciais que ía realizando, case sempre en solitario e, ás veces, en colaboración, que supuñan o desvelamento de aspectos da morfoloxía das terras galegas, especialmente litorais. Durante este tempo foi visitado por Tricart. En 1965 a súa obra, síntese sobre o litoral galego foi presentada como tese de Estado, e publicada no ano seguinte co título de "Les régions côtières de la Galice (Espagne): étude géomorphologique" ("As rexións costeiras de Galicia, España, estudo xeomorfolóxico"), constituíndo un fito nos estudos de síntese sobre a fisiografía de Galicia.

Paralelamente realizou outros traballos de investigación, que se centraban sobre Estrasburgo, a súa cidade universitaria, e a rexión do leste francés. Converteuse en profesor da Universidade Louis Pasteur e do Centro de Xeografía Aplicada, ambos da mesma cidade, até a súa xubilación en 1990, aínda que despois dese ano seguría vencellado á universidade como profesor emérito.

O estudo de Nonn sobre a costa galega A longa investigación de Nonn sobre a costa galega serviu para centrar o coñecemento sobre a orixe das rías, obxecto de controversia, e falta de estudos parciais profundos até entón. Nonn dividiu en tres tipos as rías de Galicia, consonte a súa orixe: a) vales fluviais inferiores alagados polo mar, como as pequenas rías das costas cantábricas; b) afundimentos provocados pola tectónica, como sería o caso das Rías Baixas en xeral; e c) cubetas terciarias alteradas e inundadas (ría da Coruña, Arousa). Existen casos en que actuaron fenómenos mesturados (p.ex., na ría de Ferrol).

Publicacións (selección) Sobre Galicia «Contribution à l'étude des plages anciennes de Galice (Espagne)», en Revue Géographique des Pyrénées e du Sud-Ouest (Tolosa), 1958, fasc. 3, páxs. 257-267. Con J. Tricart, «Étude d'une formation périglaciaire ancienne en Galice (Espagne)», en Bulletin de la Société Géologique de France, 1960, 2 (1), série 7, páxs. 41-44. Con J. Medus, «Primeros resultados de estudios geomorfológicos y palimnológicos referentes a la cuenca de Puentes de García Rodríguez», Coruña, España, in Notas y Comunicaciones del Instituto Geológico y Minero de España, 1963, nº 71, páxs. 87-94. «Los sedimentos antiguos de la ría de Arosa: algunas conclusiones geomorfológicas», in Notas y Comunicaciones del Instituto Geológico y Minero de España, 1964 nº 74, páxs. 143-155. Con L. Asensio Amor, «Los depósitos de terrazas del río Eo y de las márgenes de su ría (zona galaico-asturiana)», in Estudios Geográficos (Madrid), nom 96, páxs. 319-341. «Presentación de algunos depósitos superficiales recientes en Galicia Occidental», in Notas y Comunicaciones del Instituto Geológico y Minero de España, 1967, nº 95, páxs. 89-105. Les régions cotières de la Galice (Espagne): étude géomorfologique. 2 vols, París. Presses Universitaires de Strasbourg. 1966, 592 páxs, ISBN 10 2-86820-084-2 (reeditado en 1995).

Outras publicacións Strasbourg: des densités aux structures urbaines, 2 vols. París. Presses Universitaires de Strasbourg. 1965, 190 páxs (reeditada en 1995). Les Vosges et la Lorraine. París. Larousse. 1973, 80 páxs. L'Alsace. París. Larousse. 1973. Géographie des littoraux. París. PUF. 1974, 255 páxs. Les villes françaises: Strasbourg et sa communauté urbaine. París. La Documentation Française. 1982 Villes et aménagement régional en Alsace. París. La Documentation Française. 1999, 246 páxs. L'aménagement du territoire en Europe occidentale. París. Ellipses marketing. 2001, 160 páxs. L'Alsace et ses territoires. Presses Universitaires de Strasbourg. 2008.

Bibliografía Méndez, G. e Rey, D., Perspectivas históricas del conocimiento geológico de las rías gallegas, in Journal of Iberian Geology, 2000, vol. 26, páxs. 21-44 (hai edición dixital). Pérez Alberti, A., Jean Tricart en el recuerdo, in Noticias Geográficas (Asociación de Geógrafos Españoles), nº 35, agosto de 2003, páxs. 11-12 (hai edición dixital).

Véxase tamén Outros artigos Ría

Categoría:Xeógrafos de Francia Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Alumnos da Universidade de Estrasburgo