alt= Marco da Pena Verde|miniatura|Marco da Pena Verde. Santo Estevo de Fórnea (até 2026, A Fórnea (Santo Estevo)) é unha parroquia do concello de Trabada na comarca da Mariña Oriental, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, en 2020 tiña 82 habitantes (40 homes e 42 mulleres), 23 menos ca en 2007. Toponimia O topónimo Fórnea procede do termo en latín , derivado á súa vez de () ou de *fornea, "cavidade con forma de forno", polo que podería ter a súa orixe ou ben na existencia dun forno no lugar ou ben na existencia dun terreo con esa forma, como unha cova. Xeografía Na parroquia establécense a cabeceira do río Grande (regos de Fórnea e de Cambite), e o monte de Pena Mouras (548 m).
Patrimonio
No seu extremo leste está o menhir do Marco da Pena Verde, citado no diploma do rei Silo como confluencia de camiños. Con altura de 2 m e 1 m de largo, consiste nunha pedra de seixo branco sen puír. Lugares e parroquias
Lugares de Fórnea
Parroquias de Trabada
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Trabada
Categoría:Parroquias de Trabada Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo Estevo