San Salvador de Redemuíños é unha parroquia do concello de Quintela de Leirado na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. Segundo o IGE, en 2023 tiña 130 habitantes (58 homes e 72 mulleres). Patrimonio

Na igrexa parroquial hai un retablo coa parte central enmarcada por columnas salomónicas. Sobre o altar hai unha imaxe da Virxe. Na parte central, destacando sobre o conxunto, represéntase o Salvador. Coroa o retablo un Cristo en Maxestade sentado á dereita do Padre e san Paulo.

No contorno da igrexa está a casa reitoral, cun reloxo de sol tallado na pedra, coroado pola figura dun músico, tamén tallado en pedra, que está tocando unha guitarra.

Lugares e parroquias Lugares de Redemuíños

Parroquias de Quintela de Leirado

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Quintela de Leirado

Categoría:Parroquias de Quintela de Leirado Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Salvador