Santiago de Güín é unha parroquia do concello de Bande, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 63 habitantes, dos cales 29 eran homes e 34 mulleres.

Güín na literatura popular Indo prá feira da Ponte/ atopei un carballiño,/ atopei demos te leven/ metidos nun buratiño Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 90. A feira da Ponte celebrábase o 22 de cada mes no lugar da Ponte Liñares (tamén chamada A Feira Nova), na parroquia de Santiago de Güín, no concello de Bande.. O río da Feira Nova/ pasa por baixo da ponte;/ as mozas de Paradela/ deixan o gado no monte Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 124. Xaquín Lorenzo localiza esta Feira Nova na parroquia de San Fiz de Galez, no concello de Entrimo, pero o Nomenclátor non recolle tal lugar senón A Feira Vella; en todo caso, lémbrese que A Ponte Liñares, lugar da parroquia de Santiago de Güín, no concello de Bande, tamén se coñece como A Feira Nova. Finalmente, San Xoán de Paradela de Abeleda é parroquia do concello de Porqueira, tamén na comarca da Limia.. Un veciño do lugar/ ten unha vaca marela/ que mercou na Feira Nova/ por seis pesetas e media Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 160. Xaquín Lorenzo localiza esta Feira Nova na parroquia de San Fiz de Galez, no concello de Entrimo, pero o Nomenclátor non recolle tal lugar senón A Feira Vella; en todo caso, lémbrese que A Ponte Liñares, lugar da parroquia de Santiago de Güín, no concello de Bande, tamén se coñece como A Feira Nova..

Lugares e parroquias Lugares de Güín

Parroquias de Bande

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Bande

Categoría:Parroquias de Bande Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior