San Vicente de Lobeira é unha parroquia do concello de Lobeira, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 263 habitantes (141 homes e 122 mulleres).
San Vicente de Lobeira na literatura popular Adios, Calvos e Corvelle,/ adios, Taboazas i a Fraga,/ adios, Quintas de Lubeira,/ adios, demos de Parada Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 30. No orixinal: Corbelle. Santiago de Calvos e Santa María de Corvelle, parroquias do concello de Bande; Taboazas é lugar da parroquia de Santa Eufemia de Parada, concello de Lobeira; San Bartolomeu da Fraga, parroquia do concello de Lobeira; As Quintas, lugar da parroquia de San Vicente de Lobeira, do mesmo concello; Parada, parroquia do mesmo concello.. As mociñas de Corvelle/ son pequenas e redondas;/ que vivan as de Facós,/ que son longuiñas e longas! Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 48. No orixinal: Corbelle. Santa María de Corvelle é unha parroquia do concello de Bande; Facós é un lugar da parroquia de Lobeira no concello de Lobeira. Ambos lugares están próximos pero non lindeiros.. En Quintela hai boas mozas/ e no Pazo nada delas,/ en Santa Baia carnochas,/ ninguén quer cargar con elas Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 74. Quintela pode ser lugar das parroquias de Santa Comba ou do Ribeiro, no concello de Bande; Santa Baia é lugar de San Vicente de Lobeira, no concello de Lobeira. Viva Calvos e Corvelle,/ viva Parada i a Fraga,/ viva Quintas de Lubeira,/ mozas, as de Santa Baia Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 162. No orixinal: Corbelle. Santiago de Calvos e Santa María de Corvelle son parroquias do concello de Bande; Santa Eufemia de Parada e San Bartolomeu da Fraga son parroquias do concello de Lobeira; As Quintas e Santa Baia, dous lugares da parroquia de San Vicente de Lobeira..
Lugares e parroquias Lugares de Lobeira
Parroquias de Lobeira
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lobeira
Categoría:Parroquias de Lobeira Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Vicente