San Mamede de Grou é unha parroquia do concello de Lobios, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. Tiña 226 habitantes no ano 2022 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 107 eran homes e 119 mulleres.

Grou na literatura popular Aquela que elí vendes/ ten un baille que dá risa;/ évos do lugar das Quintas/ e ándavos sen camisa Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 44. Hai dous lugares chamados As Quintas ós que pode referirise esta cantiga: un pertence á parroquia de San Vicente de Lobeira (Lobeira) e outro a San Mamede de Grou, en Lobios.. Fun ó San Lorenzo ás Quintas/ i a Santa Eufemia a Parada:/ as mociñas de Requeixo/ son as que botan a vaia Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 85). Botar a vaia é botar un desafío. As Quintas será o lugar da parroquia e concello de Lobeira, aínda que hai máis; Santa Eufemia de Parada é unha parroquia do mesmo concello; Requeixo pode ser lugar de San Mamede de Grou ou de Araúxo, dúas parroquias do concello de Lobios.. Hai unha mociña en Grou/ con tanto garbo e salero/ que cando vai paseando/ casque parez un torero Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 87). Non se pode saber a que Grou se refire: en Lobeira hai dúas parroquias con ese nome (San Martiño de Grou e Santa Cruz de Grou) e outras dúas en Lobios (San Martiño de Grou e San Mamede de Grou.. No lugarciño das Quintas/ amores hei de tomar,/ á entrada ou á saída/ ou no medio do lugar Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 109. Hai dous lugares chamados As Quintas ós que pode referirise esta cantiga: un pertence á parroquia de San Vicente de Lobeira (Lobeira) e outro a San Mamede de Grou (Lobios).. Santa Comba dá boas mozas,/ hainas en Grou pimpineiras,/ en Lubeira cubizosas/ i en Rubiás camanduleiras Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 141. San Trocado de Santa Comba é parroquia do concello de Bande; Lubeira enténdese que é a parroquia de San Vicente de Lobeira; Rubiás é lugar da parroquia de Cadós, en Bande; Grou, sen advocación, enténdese que é San Mamede de Grou, parroquia do concello de Lobios, pero tamén existe unha Santa Cruz de Grou, parroquia de Lobeira, e un San Martiño de Grou, parroquia compartida polos concellos de Lobeira e Lobios.. Se che perguntan de onde es/ contéstalle en alta voz:/ Somos os mozos de Grou,/ solo temos medo a Dios Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 142. Grou, sen advocación, enténdese que é San Mamede de Grou, parroquia do concello de Lobios, pero tamén existe unha Santa Cruz de Grou, parroquia de Lobeira, e un San Martiño de Grou, parroquia compartida polos concellos de Lobeira e Lobios.. Viva Bande, viva Bande,/ viva tamén Recarei,/ viva o lugar de Silvares/ que foi onde me eu criei Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 162. Bande e Recarei son lugares da parroquia de San Pedro de Bande; Silvares é lugar de San Mamede de Grou, Lobios..

Lugares e parroquias Lugares de San Mamede de Grou

Parroquias de Lobios

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lobios

Categoría:Parroquias de Lobios Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Mamede