Nosa Señora das Marabillas é unha parroquia do concello de Cartelle, na comarca da Terra de Celanova, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 346 habitantes, dos cales 164 eran homes e 182 mulleres. Procesión Durante a festividade da Virxe das Marabillas, coincidente co día previo a Pentecoste, realízase unha procesión na honra da devandita virxe. Esta procesión podería ter orixe no ano 1646 e conmemora a suposta aparición (tres veces) da virxe no lugar. A imaxe da virxe vai acompañada de arcos florais e ramos enfeitados con bólas e papeis de cores vivas. Esta procesión garda bastantes paralelismos coa procesión dos pendóns de Santa Mariña de Augas Santas.

Patrimonio O santuario actual data do século XVIII e nas proximidades atopáronse restos arqueolóxicos que poderían ser dun campamento romanoCid Rumbao, Alfredo, Guía Turística de la Provincia de Ourense.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares das Marabillas

Parroquias de Cartelle

Véxase tamén

Outros artigos Lugares de Cartelle Notas

Categoría:Parroquias de Cartelle Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación da Nosa Señora das Marabillas