1991 (MCMXCI) foi un ano común comezado en martes segundo o calendario gregoriano.
Acontecementos 16 de xaneiro - Unha coalición internacional liderada por Estados Unidos comeza a operación Tormenta do Deserto, para obrigar ó exército de Saddam Husayn a retirarse de Kuwait. 26 de maio - Celébranse as IV Eleccións municipais en España desde a Transición. 20 de agosto - Estonia independízase da Unión Soviética. 24 de agosto - Ucraína declárase independente da URSS. 25 de agosto - Belarús declárase independente. 27 de agosto - Independencia da Moldova. 31 de agosto - Kirguizistán declara a súa independencia. 1 de setembro - Uzbekistán declárase independente. 9 de setembro - Tadjiikistán declárase independente. 19 de setembro - Áchase nos Alpes de Venoste, no glaciar do Similaun, a momia de Ötzi ou momia do Similaun (dito tamén home de Similaun e home dos xeos). 23 de setembro - Armenia declárase independente da URSS. 27 de outubro - Independencia de Turkmenistán. 24 de novembro - Freddie Mercury, vocalista do Queen, morre de AIDS aos 45 anos. 1 de decembro - Panamá recibe o control do Canal do Panamá. 8 de decembro - Os líderes de Rusia, Belarús e Ucraína deciden disolve-la URSS e crea-la Comunidade de Estados Independentes. 16 de decembro - Independencia de Kazakhstán. 26 de decembro - Disólvese a URSS.
Nacementos 20 de xaneiro - Óscar Santiago Rumayor, futbolista cántabro. 6 de novembro - Camila Finn, modelo brasileira.
Mortes 8 de xaneiro - Steve Clark, guitarrista británico (Def Leppard) (n. 1960). 11 de xaneiro - Carl David Anderson, físico estadounidense, Premio Nobel (n. 1905). 17 de xaneiro - Rei Olavo V de Noruega (n. 1903). 30 de xaneiro - John Bardeen, físico estadounidense, Premio Nobel (n. 1908). 5 de febreiro - Dean Jagger, actor norteamericano. 6 de febreiro - María Zambrano, filósofa española. 6 de febreiro - Salvador Luria, biólogo italiano, Premio Nobel (n. 1912). 21 de febreiro - Margot Fonteyn, bailarina de ballet británica (n. 1919). 26 de febreiro - Xesús Campos Álvarez, humorista gráfico e xornalista galego (n. 1951). 2 de marzo - Serge Gainsbourg, cantante francés (n. 1928). 8 de marzo - Abelardo Miguel - pintor galego. (n.1918) 12 de marzo - Ragnar Granit, neurocientista finés, Premio Nobel (n. 1900). 17 de marzo - Pilar Primo de Rivera, política española (n. 1907). 6 de abril - Baltasar Darder Sansó, filólogo, mestre e promotor sociocultural mallorquín. 28 de abril - Mario Fernández Granell, pintor galego (n. 1914). 14 de maio - Victoriano Fernández Asís, xornalista e escritor galego (n. 1906). 15 de maio - Amadou Hampâté Bâ, etnólogo e escritor maliano. 21 de maio - Rajiv Gandhi, primeiro ministro da India (n. 1944). 15 de xuño - Arthur Lewis, economista británico, Premio Nobel de Economía (n. 1915). 24 de xullo - Isaac Bashevis Singer, escritor polaco, Premio Nobel de Literatura (n. 1902). 3 de agosto - Ali Sabri, primeiro ministro do Exipto (n. 1920). 5 de agosto - Julio Prieto Nespereira, pintor e gravador galego (n. 1896). 18 de agosto - Luís Filipe Lindley Cintra, lingüista e filólogo portugués (m. 1991). 2 de setembro - Alfonso García Robles, diplomático mexicano, Premio Nobel da Paz (n. 1911). 3 de setembro - Frank Capra, director estadounidense de cine (n. 1897). 7 de setembro - Edwin McMillan, químico estadounidense, Premio Nobel (n. 1907). 28 de setembro - Miles Davis, músico de jazz estadounidense (n. 1926). 4 de outubro - Domingo Quiroga Ríos, investigador e xornalista galego (n. 1900). 10 de outubro - Pío Cabanillas Gallas, político galego n. 1923). 24 de outubro - Gene Roddenberry, produtor de televisión estadounidense (n. 1921). 27 de outubro - José María Sánchez Rivas, empresario galego. 6 de novembro - Gene Tierney, actriz estadounidense (n. 1920). 10 de novembro - Montserrat Roig, escritora catalá (n. 1946). 18 de novembro - Gustáv Husák, presidente de Checoslovaquia (n. 1913). 23 de novembro - Klaus Kinski, actor alemán (n. 1926). 24 de novembro - Freddie Mercury, cantante británico (n. 1946). 1 de decembro - George Joseph Stigler, economista americano, Premio Nobel (n. 1911). 6 de decembro - Richard Stone, economista británico, Premio Nobel (n. 1913). 10 de decembro - Emilio González López, historiador e político galego (n. 1903).
Premios Nobel Física: Pierre-Gilles de Gennes Química: Richard R. Ernst Fisioloxía ou Medicina: Erwin Neher e Bert Sakmann Literatura: Nadine Gordimer Paz: Aung San Suu Kyi Economía: Ronald H. Coase
Día das Letras Galegas dedicado a: Álvaro Cunqueiro
Véxase tamén Outros artigos Historia ano a ano
Categoría:1991