Este artigo trata sobre a Península Ibérica na Idade Antiga, para outros usos da palabra, véxase Iberia (homónimos).

miniatura|250px|Moeda acuñada na Iberia. Iberia é o nome polo cal os gregos coñecían desde tempos remotos o que hoxe chamamos Península Ibérica. O historiador grego Heródoto cita o topónimo Iberia para designar á península, que é coñecida en todo o mundo grego. O termo Iberia é grego e o termo Hispania é latino.

Trazos xerais O coñecemento da Península Ibérica como entidade xeográfica foi un proceso lento, con retrocesos e relatos lendarios. A distancia co foco da cultura antiga era notábel, e descoñécese cal era o coñecemento que puideron ter gregos e fenicios da súa xeografía. O interese de ambos os pobos naqueles tempos era simplemente económico, por tanto suponse que talvez terían bastante información sobre o litoral e dalgunhas rexións do interior.

Os historiadores cren que o pobo fenicio manexaba datos xeográficos de grande interese para eles e que incluso existiron textos con abundante información. Sábese que no século I a. C., o sabio e erudito rei Juba de Mauritania logrou reunir unha grande biblioteca con textos e literatura fenicia, e que no ano 100 da nosa era, o xeógrafo xudeu Marino de Tiro (Fenicia), recolleu gran cantidade de material para poder compoñer o seu mapa do orbe, mapa que serviu en grande medida ao científico Claudio Tolomeo. Mais nin os gregos nin os romanos prestaron grande atención a estes escritos e non os conservaron nin os traduciron, e esta é unha das razóns pola que non chegaron até os nosos días.

Historia do topónimo Iberia miniatura|250 px|Bicha de Balazote. O historiador grego Herodoto, no século V a.c., na súa obra Historias, xa cita o topónimo Iberia para designar á península. Pero antes ese termo foi empregado polos tartesos para definir o seu territorio. Barállase que o nome proceda dun río Íber, río da rexión de Huelva, onde certos textos citan un río Iberus, e un pobo, ao que chaman Ibero, pois tanto os gregos coma os púnicos coñeceron antes e mellor as costas meridionais da Península que as levantinas. O mundo grego da Antigüidade coñece con ese nome os límites do Ecúmene, do grego oikumene (oιkoυμενη) o «mundo coñecido»: ao leste o Cáucaso, ao oeste, Iberia a península (véxase Iberia caucásica). Considérase que o termo Iberia para definir o que hoxe é a Península Ibérica é exclusivamente grego.

Crese que a voz iber é de orixe ibera, sendo así como este pobo nomeaba aos ríos en xeral (igual que wad en árabe é «río»). Así era chamado o actual río Tinto en Huelva, e así debía ser chamado tamén o actual Ebro, que conservou o topónimo. Estrabón na súa obra Xeografía conta todo o que sabe sobre Iberia en épocas anteriores, pero di que no seu tempo o límite estaba xa no Pyrene.

Véxase tamén Bibliografía As artes e os pobos da España primitiva, de José Camón Aznar (catedrático da Universidade de Madrid). Editorial Espasa Calpe, S.A. Madrid, 1954 Diccionario Espasa Íberos, de José R. Pellón. Espasa Calpe S.A. Madrid, 2001

Outros artigos Península Ibérica Hispania

Categoría:Iberia