San Xoán de Sobreira é unha parroquia do concello de Vilamarín, na comarca de Ourense, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 228 habitantes, dos cales 105 eran homes e 123 mulleres. O que supón unha perda de habitantes en relación ao ano 2006.

Patrimonio No lugar do Rego está o Pazo de Sobreira ou do Rego, do século XVIII, que ocupa illado o centro dunha grande extensión. O escudo presenta os brasóns de Enríquez, Mosquera e outros. A capela estivo dedicada a San Xosé.

Lugares e parroquias Lugares de Sobreira

Parroquias de Vilamarín

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lugares de Vilamarín

Categoría:Parroquias de Vilamarín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán