Lynx ou Lince é unha constelación do Hemisferio norte, introducida no século XVII por Johannes Hevelius. A orixe do nome debese á pouca luminosidade das súas estrelas, pois precísanse ter ollos de lince para pode-la ver. Para localizar ó Lince hai que buscar entre dúas constelacións moi luminosas, a Ursa Major e Auriga.

Estrelas principais

α Lyncis (Elvashak), con magnitude 3,1 é a estrela máis brillante da constelación. É unha xigante vermello-alaranxada a 220 anos luz. 38 Lyncis (Maculosa), a segunda estrela máis brillante con magnitude 3,82, de cor branca. 10 Ursae Majoris, a pesar do seu nome actualmente está englobada na constelación de Lynx; con magnitude 3,97 é a terceira máis brillante da mesma. 12 Lyncis, estrela tripla onde a compoñente principal ten magnitude 5,4 e a secundaria magnitude 6. RR Lyncis, variable eclípsante cun brillo que varía entre magnitude 5,5 e 6 nun ciclo duns dez días.

Obxectos Notables do espazo profundo

Cúmulo globular NGC 2419, de magnitude 10,4 e moi distante da Terra (300.000 anos luz). Galaxia espiral NGC 2683, localizada 6º ó oeste de α Lyncis.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas The Deep Photographic Guide to the Constellations: Lynx Star Tales – Lynx

Categoría:Constelacións