Microscopium ou Microscopio é unha pequena constelación austral introducida por Nicolas Louis de Lacaille. Estas estrelas son moi febles.

Historia Dado que Microscopium foi descuberta no século XVII, e que se atopa moi preto do polo sur non foi coñecida por culturas clásicas, polo tanto non hai mitoloxía relacionada.

Estrelas

Estrelas principais

α Microscopii, cuarta estrela máis brillante da constelación con magnitude 4.89, é unha xigante amarela a 380 anos luz de distancia. γ Microscopii, con magnitude 4,67 é a estrela máis brillante da constelación e tamén unha xigante amarela. θ Microscopii, denominación compartida por dúas estrelas distintas: θ1 Microscopii, de magnitude 4,80, unha variable Alfa2 Canum Venaticorum a 187 anos luz; θ2 Microscopii, xigante branca de magnitude 5,76 unhas tres veces máis afastada.

Outras estrelas con designación de Bayer

β Mic 6,06; δ Mic 5,69; ε Mic 4,71; ζ Mic 5,32; η Mic 5,55; ι Mic 5,11; ν Mic 5,12

Outras estrelas notables AT Microscopii (GJ 799), estrela binaria composta por dúas ananas vermellas, unha delas unha estrela fulgurante. Atópase a 33 anos luz de distancia. AU Microscopii (GJ 803), con magnitude 6,61 posúe un disco protoplanetario; situada a só 1,2 anos luz de AT Microscopii probablemente forma un sistema estelar triplo con ela. BO Microscopii, estrela nova cunhas erupcións que foron estudadas na franxa de rayos X. Lacaille 8760 (AX Microscopii), anana vermella e estrela fulgurante de magnitude 6,67 situada a 12,8 anos luz.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Telescopium

Ligazóns externas Star Tales – Microscopium

Categoría:Constelacións