Anna Maria Pierangeli, máis coñecida co nome artístico de Pier Angeli, nada en Cagliari (Sardeña) en 1932 e finada en Beverly Hills (California) en 1971, foi unha actriz italiana, irmá xemelga da tamén actriz Marisa Pavan.

Traxectoria Debutou no filme Domani é troppo tardi (1949) de Leonida Moguy. Durante a década de 1950 marchou aos Estados Unidos cun contrato coa MGM. A súa primeira película en Hollywood foi Teresa. Tivo unha breve relación sentimental con Kirk Douglas e James Dean. O seu papel en Somebody Up There Likes Me (1956) é a súa actuación máis coñecida. Morreu dunha sobredose mortal de barbitúricos.

Categoría:Nados na provincia de Cagliari Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 1971 Categoría:Suicidios en 1971 Categoría:Actores de cinema de Italia Categoría:Finados por sobredose Categoría:Suicidas de Italia