Pero Velho, tamén Pêro (ou Pero) Velho de Taveirós, foi un trobador galego do século XIII.

Traxectoria Estudos como os de Mercedes Brea sosteñen que é irmán do tamén trobador Paio Soares de Taveirós e naturais das terras de Tabeirós na Estrada. A tenzón que compón co seu irmán sitúano na corte do conde de Traba entre os anos 1215 e 1228.http://dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/181/1/La%20poetica%20de%20Paz%20y%20Soarez%20de%20Taveiros.pdf Puido ter dous fillos chamados Vasco Perez de Taveirós e Lourenço Perez de Taveirós.

Obra Consérvase unha tenzón co seu irmán e atribúenselle dúas cantigas de amor, unha delas en ton paródico.

Notas

Categoría:Trobadores en galego-portugués

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes