En astronomía, Pan é unha das lúas do planeta Saturno, chamada tamén Saturno XVIII. É o máis interno dos satélites coñecidos deste planeta (apenas a 133.583 km do centro de Saturno), e atópase na División Encke do anel A de Saturno, da que actúa como lúa pastor, sendo responsable de mantela aberta. Foi descuberto por Mark R. Showalter en 1990 mentres examinaba as vellas fotografías obtidas nove anos antes polo Voyager no seu encontro con Saturno.

Tamén Pan, na mitoloxía grega, era o deus dos bosques, os campos e a fertilidade, fillo de Hermes, mensaxeiro dos deuses, e dunha ninfa.

Véxase tamén Outros artigos Satélites de Saturno. Saturno. División de Encke.

Categoría:Lúas de Saturno