miniatura|320px|dereita|Tipos de vexetación no cumio da última glaciación A glaciación coñecida como Würm en Europa e como Wisconsin en América foi a última que coñeceu a terra e con ela considérase rematado o Plistoceno e as chamadas "glaciacións antropolóxicas" polos científicos, debido a que foron usadas polo ser humano para o seu paso a América. As outras "glaciacións antropolóxicas" anteriores á Würm ou Wisconsin, foron Glaciación de Donau, fai 2 000 000 de anos; Glaciación de Günz, de 1 000 000 anos atrás; a Glaciación de Mindel de fai 400.000 anos e a Glaciación de Riss de fai 150.000 anos. Suponse segundo as teorías enunciadas, que todas elas foron empregadas polo ser humano para o seu paso a América, en maior ou menor grao. Os científicos considéranas "glaciacións recentes".

Postúlase que comezou hai 100.000 anos e rematou hai 12.000. Neste período, a especie humana non acadou a extinguirse, mais se reduciu intensamente as poboacións diminuíndo a dispersión xenética orixinal. Practicamente non hai máis de 40 milenios que recomezou a dispersión xenética.

Esta glaciación foi aproveitada polo ser humano para facer o seu paso dende Asia até América polo estreito de Bering, segundo unha teoría. Durante aquel período glaciar, o clima terrestre tornouse moi frío. Entón os glaciares avanzaron alén dos casquetes polares, até preto dos trópicos. Nesa zona os continentes recubríronse de xeos se xearon os lagos, lagoas e ríos. Os mares de pouca profundidade desapareceron, porque as súas augas trocáronse en glaciares. Foi xustamente neses tempos que os estreitos e arquipélagos continentais e insulares quedaron sen cobertura líquida ; polo tanto, e temporalmente, moitas zonas próximas quedaron unidas. Uniuse, por exemplo, Australia-Tasmania con Nova Guinea, Filipinas e Indonesia. O mesmo aconteceu entre Xapón e Corea.

Entre Asia e América, ao reducirse o nivel das súas augas, o estreito de Bering converteuse na "ponte de Bering" ou "ponte de Berinxia". Leva ese nome na honra do navegante Vitus Jonassen Bering (Dinamarca, 1681-1741), quen explorou eses mares coa axuda dos tsares de Rusia.

Os científicos afirman que a "ponte de Berinxia", en condicións de ser transitado polos homes e animais, durou un breve período xeolóxico. Na súa primeira quenda, uns 4.000 anos. Na segunda etapa uns 15.000 anos. Di un científico:

Esa ponte de terra tiña unha lonxitude de 75 km e un máximo largo de 1.500 km. Esas magnitudes son máis características dun istmo, pero os científicos manteñen a denominación de "ponte" polo seu significado de "unión" entre ambos continentes.

Durante 19.000 anos, os grupos primitivos de Asia tiveron a oportunidade de cruzar a "ponte de Berinxia". Ese tempo foi suficiente para que as primeiras bandas humanas e outras ondas de inmigrantes da Asia chegaran ao norte de América.

As Glaciaciones wurmienses son períodos de frío máis intenso do Paleolítico, que se dividen en:

Würm I (ou Wisconsin I) Würm II (ou Wisconsin II) Würm III (ou Wisconsin III)

Entre estes períodos existen períodos de oscilacións que os dividen e que son denominados interglaciares ou subestadios.

Véxase tamén Outros artigos Fenómeno de Donau. Glaciación de Günz. Glaciación de Mindel. Glaciación de Riss. Evolución humana. Poboación humana. Primeiros poboadores andinos.

Categoría:Glaciacións

de:Würmeiszeit en:Wisconsin glaciation sv:Weichsel (nedisning)