miniatura|Robert Burns Robert Burns, nado en Alloway, Ayrshire (Escocia) o 25 de xaneiro de 1759 e finado en Ellisland, preto de Dumfries, o 21 de xullo de 1796, é o poeta en lingua scots máis coñecido. O seu poema Auld Lang Syne cántase tradicionalmente nos países anglosaxóns como himno de despedida.

Traxectoria Fillo do campesiño William Burns, naceu no seo dunha familia humilde de granxeiros e comezou a escribir poesía na súa adolescencia, logrando a súa publicación a partir do ano 1786, pero sen obter grandes beneficios. Isto motivou que non abandonase as faenas do campo, e en 1789 obtivo un posto como funcionario do servizo de aduanas. Tivo 9 fillos con Jean Armour, morrendo aos 37 anos polos problemas cardíacos que lle ocasionou o duro traballo no campo.

A súa obra trata sobre todo temas do folclore escocés, visto desde a perpectiva das clases populares. A súa ideoloxía republicana e progresista foi moi mal vista pola igrexa calvinista e a aristocracia. Falou da pobreza, da sexualidade, dos roles sexuais ou da igrexa escocesa.

Obra en galego Unha rosa encarnada, 2014 (traducido por Raúl Gómez Pato).

Véxase tamén Ligazóns externas

Robert Burns Country: Web sobre Robert Burns As cartas de Robert Burns, cortesía do Proxecto Gutenberg

Categoría:Escritores de Escocia Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores en lingua scots Categoría:Nados en Escocia Categoría:Nados en 1759 Categoría:Finados en 1796