Lopo foi un xograr galego da primeira metade do século XIII.
Traxectoria Chegou a ser un xograr de certo prestixio, xa que frecuentaba córtea castelá e é posible que tamén, ocasionalmente, a portuguesa. Foi levado polo rei Fernando III a campañas militares, segundo el mesmo di nalgunha das súas composicións.
Foi obxecto de escarnio por parte de Martín Soarez, en varias das súas composicións, dicindo de Lopo que o público pagáballe con patadas ou con dons para que deixase de actuar. Tamén foi obxecto de escarnio en composicións provenzais.
Obra É autor de 3 cantigas de amor e 8 cantigas de amigoRip Cohen. 500 Cantigas d’ Amigo: Edição Crítica / Critical Edition. Porto: Campo das Letras, 2003, pp. 482-489, incluída unha cantiga de romaría.
Notas
Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Literatura galega medieval Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Poetas de Galicia