Julio Martínez González, nado en Ourense en 1922 e finado na mesma cidade o 5 de xullo de 2008, foi un empresario da hostelaría galego.
Traxectoria Comezou no mundo dos negocios abrindo un bar nunha céntrica rúa da cidade de Ourense, nos anos corenta. En 1951 abriu o restaurante que lle deu sona, o Restaurante Sanmiguel, na rúa homónima da cidade vella ourensá. O restaurante, que recibiu a medalla ao mérito turístico, a medalla da Ordre Mondiale des Gourmets Dégustateurs e a da Chaîne des Rotisseurs, segue aberto na actualidade.
Distincións Julio Martínez González recibiu a Medalla de bronce de Galicia en 1999.
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Medalla de Bronce de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes