Jean de La Fontaine, nado en Château-Thierry, na rexión de Aisne, o 8 de xullo de 1621 e finado en París o 13 de abril de 1695. foi un poeta francés. Está enterrado no cemiterio parisiense de Père-Lachaise. O monumento funerario foi clasificado Monument historique por un decreto de novembro de 1983.

Traxectoria esquerda|miniatura|Monumentos funerarios de La Fontaine e Moliére. Procedente dunha familia de comerciantes de teas en proceso de ennobrecemento, pasou os seus primeiros anos en Château-Thierry, na mansión que os seus pais compraron en 1617 ao casar. La Fontaine traballou de mestre particular até 1671. O poeta mantivo esa casa até 1676, após ter malgastado a fortuna do seu pai. Catalogada como monumento histórico en 1887, a casa do fabulista alberga agora o museo Jean-de-La-Fontaine.

As súas fábulas foron ilustradas por diferentes personalidades ao longo dos séculos, así Grandville ilústrarías no 1838, no 1867, Gustave Doré; e nos naceres do século XX realizaría o propio Benjamin Rabier.

Os seus contos e novelas están inspirados en Ariosto, Boccaccio, François Rabelais e Margarida de Navarra. Tamén é autor de Contes, que rozaban, ou mesmo transgredían a moral da época, adaptados ao cine por José Bénazéraf. En 1683 converteuse en membro da Academia Francesa.

A súa obra principal publicada foi unha adaptación (1654) de Eunuco, do dramaturgo romano Terence. Porén, a súa fama literaria reside nos seus Contos e historias en verso (1644), que foi incluído pola Igrexa no seu Índice de Libros Prohibidos en 1703 até a súa última edición de 1948.

Foi membro dun destacado grupo literario francés que incluía aos dramaturgos Molière e Racine, e ao crítico e poeta Nicolas Boileau-Despréaux.

Obras Adonis (1658) Élégie aux nymphes de Vaux (1661) Ode au roi (1663) Contes et Nouvelles (1665) Fables (1668) Amours de Psyché et de Cupidon (1669) Recueil de poésies chrétiennes et diverses (1671) Poème de la captivité de saint Malc (1673) Daphné (1674) Nouveaux Contes (1674) Astrée (1691) Chech O lobo e o cordeiro Tot (1692)

Notas

Véxase tamén

Fábulas de La Fontaine

Categoría:Escritores de Francia Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Nados en 1621 Categoría:Finados en 1695 Categoría:Poetas en lingua francesa