Roi Queimado foi un trobador portugués, activo na segunda metade do século XIII.

Traxectoria É autor de 24 textos: 16 cantigas de amor, incluíndo 3 burlescas, 4 cantigas de escarnio e 4 cantigas de amigo. O uso e abuso do tópico de morrer por amor nas súas cantigas de amor foi motivo de sátira por parte de contemporáneos seus, como Pero Garcia Burgalês.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Rui Queimado na web Cantigas Medievais Galego-Portuguesas

Categoría:Trobadores en galego-portugués