A améndoa (do latín vulgar amyndula, no latín clásico amygdalum, -i, de orixe grega, que denominaba tanto a árbore coma o froito) é o froito da amendoeira, é unha drupa oblonga, engurrada e de cor verde, dentro contén a semente, branca, oblonga e apatelada, recuberta por unha película de cor canela.

A améndoa verde designa o froito tenro, recollido en xuño e xullo, e de sabor delicado. A améndoa amarga designa á velenosa e a améndoa doce á comestible.

Pódese comer en cru, en turróns, en confeitaría. A esencia de améndoa tamén se utiliza en perfumaría.

California é a principal área produtora de améndoa, séguelle España.

miniatura|Amendoado de Allariz.|centro Notas

Véxase tamén Outros artigos Bebida de améndoa

Categoría:Froitas Categoría:Froitos secos Categoría:Oleaxinosas