miniatura|200px|dereita|barcos na edición de 2004 A Festa Marítima Internacional de Brest (Les tonnerres de Brest ou Fêtes maritimes de Brest) é unha concentración marítima de ámbito mundial que se realiza na cidade bretoa de Brest cada catro anos desde 1992.

Céntrase na navegación tradicional e nos veleiros clásicos. En 2008, e segundo a organización, houbo 25 nacións representadas, 2000 veleiros tradicionais ou clásicos, 50 grandes veleiros, 15000 mariñeiros e 300 expositores.

Participación de Galicia A edición de 2008 ten como país convidado de honra a Galicia, xuntamente con Noruega, Vietnam, Madagascar e Croacia. Galicia acudiu cunha delegación de 25 embarcacións representativas das diversas tipoloxías dos mares e ríos de Galicia e do Norte de Portugal organizada pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial. A relación de embarcacións asistentes:

unha barca de paso de río un bote de Carril, o "4 de Outubro" un bote de Cesantes, o "Búrbida" un bote de instrución da Mariña un bote de Ribadeo, o "Trebón" un bote de Vigo, o "Barola" un bote xeiteiro de Bueu, "Os Galos" unha buceta, a "Fanequeira" unha catraia de Viana de Castelo "Nosa Sra. Agonía" unha dorna de tope, a "Peza de Rabo" unha dorna meca, a "Meca" unha dorna xeiteira, a "Jatiña" dous galeóns, o "Punta Pragueira" e o "Casilda" unha gamela coruxeira, a "Punta Helena" unha gamela da Garda, a "Asodiña" seis dornas polbeiras, a "Moura", a "Xarandeira", a "Maristela", a "Doa", a "Lura" e máis a "Caramecha" dúas lanchas xeiteiras, a "Nova Marina" e a "Pescadoira" unha traíña, a "Vig05" o barco de vapor "Hidria II"

O día de Galicia no evento foi o 16 de xullo, na que se botou unha dorna que se rematou de construír en Brest e realizouse un desfile de toda a frota galega.

Unha goleta de 1924 con base en Eivissa afundiu ó chegar a BrestAfundimento da goleta Tho Pa Ga , Faro de Vigo. Non formaba parte da delegación galega, pero fixera escala en Vigo na súa viaxe cara a Brest.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web da participación galega Web do evento 2008 Páxina oficial

Categoría:Navegación