Un cantón é unha división administrativa empregada polos estados de moi diverso xeito. Así, na Bolivia refírese a grandes parroquias e en Suíza, os cantóns son os estados que conforman a confederación.
Estados con cantóns En Bélxica existen cantóns electorais e cantóns xudiciais, que non sempre coinciden, e que agrupan varias comunas e acaban formando un arrondissement. Os cantóns de Bolivia son as subdivisións dos concellos, e ten 1.384. En Bosnia e Hercegovina, os cantóns son unha división que agrupa varios municipios. No Canadá, un cantón ou township era unha división catastral de cen millas cadradas que se empregaba para a colonización do territorio. Nas provincias canadenses do Quebec e Ontario, os cantóns son coma concellos dividindo as veciñas provincias do Canadá. En Costa Rica é a división administrativa da provincia. No Ecuador é unha subdivisións das provincias ecuatorianas. En Francia, é unha divisións administrativa e unha circunscrición electoral. Luxemburgo tamén se subdivide en cantóns. En Suíza refírese a un estado da confederación.
Categoría:Administración