miniatura|Placa trilingüe en inglés, francés e Cree. A lingua cree é un continuo dialectal consistente en varios dialectos aborixes americanos pertencentes ás linguas algonquinas, faladas por 120.000 persoas (censo de 2006) no Canadá, dende Alberta até Terra Nova e Labrador. Algúns dialectos utilizan unha variantes dos alfasilabarios nativos canadenses e outros usan o alfabeto latino. O cree está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Nomes Os endónimos da lingua son (cree das chairas), Nīhithawīwin (cree dos bosques), Nehirâmowin (atikamekw), Nehlueun (montagnais occidental, dialecto Piyekwâkamî), Ilnu-Aimûn (montagnais occidental, dialecto Betsiamites), Innu-Aimûn (montagnais oriental), Iyiniu-Ayamiwin (cree do sueste), Iyiyiu-Ayimiwin (cree do nordeste), e Ililîmowin (cree moose).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en cree Pobo cree

Categoría:Linguas algonquinas Categoría:Linguas amerindias do Canadá Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América Categoría:Pobo cree